Viaxando polo concello 2021-22

Calendario CRA de Dodro 2022

Este ano adicamos o noso calendario a coñecer lugares e monumentos significativos do noso Concello.

Actividades sobre Dodro

 Estivemos  practicando a lectoescritura, discriminando e escribindo nomes de lugares de interese do Concello de Dodro. Tamén practicamos o debuxo, recreando algunhas imaxes destes lugares. Somos uns artistas! E ademais atrevémonos a facer un sudoku e un puzzle que nos saiu xenial.

 

Saída aos petróglifos coa Comunidade de Montes Cruz do Avelán

No noso Concello temos moitos tesouros culturais; un deles son os petróglifos. Os nosos peques pasárono xenial investigando e descubrindo estas xoias do noso contorno.

Queremos agradecer á Comunidade de Montes Cruz do Avelán que fixera posible esta actividade.

Concello de Dodro en lingua de signos

No CRA quixemos achegar ao noso alumnado a outras formas de comunicación que non son tan habituais na súa vida cotiá, como por exemplo a lingua de signos. Por iso, dentro do noso proxecto "Viaxando con Lecra polo Concello de Dodro", aprenderon a signar "Concello de Dodro". Animádevos a practicar!!

 

Memory de Dodro

Os nosos peques teñen unha memoria estupenda; puidémolo comprobar co memory sobre o noso Concello co que xogaron na PDI.

Visita oa centro de Día de Dodro

Os peques e profes do CRA tivemos a oportunidade de celebrar a Festa das Letras visitando o Centro de Día de Dodro, no que desfrutamos da lectura dun conto e pasamos un rato moi agradable xunto cos maoires do centro. Moitas grazas a todos!!

Petroglifos

Investigamos sobre qué son os petroglifos, de cando datan, onde e cómo se tallan e cal é o seu significado.

Recanto de Dodro

Fixemos un recanto adicado a Dodro onde nenos, nenas e profes, puidemos investigar, manipular e xogar de xeito autónomo e lúdico, cousas novas sobre o Concello onde residen.

Dodro na PDI

Fixemos unha viaxe dixital por Dodro, empregando a PDI: asociamos nome co lugar de interese, xogamos ao memory, a crebacabezas, a un sudoku, discriminamos qué monumentos son do noso Concello e cales non, e descubrimos qué importante escritora galega vivíu no Pazo de Hermida.

Bingo sobre Dodro

No CRA elaboramos un bingo co que afianzamos todos os lugares e monumentos de interese do nosos Concello.

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21