Información ás familias

Admisión de novo alumnado para o curso 2023-24

NORMATIVA

Decreto 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión del alumnado en los centros subvencionados con fondos públicos que impartan enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obligatoria y bachillerato regulados en la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o proceso de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacahrelato, reguladas na Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de educación. 

ABERTO PRAZO DESDE O 1 AO 20 DE MARZO DE 2023. 

Premer para descargar o impreso de solicitude (galego ou castelán) e presentar, unha vez cuberto e asinado nas escolas ou na sede do CRA dentro do prazo establecido. Tamén podedes solicitar o voso impreso en calquera das nosas escolas.

SOLICITUDE: Galego

SOLICITUDE: Castelán 

Premer para cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual nas escolas/sede do CRA, ou cubrir a solicitude informáticamente e asinala en sede electrónica a través de Chave365 ou certificado dixital.

 

 DOCUMENTACIÓN a entregar para formalizar a solicitude:

  • Impreso de solicitude ED550B.
  • Fotocopia do Libro de Familia.
  • Fotocopia do DNI da nai, pai ou representante legal.
  • Fotocopia do DNI do alumno (de ser o caso).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Certificado de discapacidade (de ser o caso).
  • Fotocopia do convenio regulador ou resolución xudicial en caso de separación/divorcio.

IMPORTANTE

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. 

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo ao centro de orixe. 

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

Programa escolar consumo de froitas 2022-23

Do 6 ao 17 de marzo, grazas á subvención do FOGGA, comezamos o segundo período de reparto de froita nas nosas escolas.

Reserva de praza CPI Eusebio Lorenzo Baleirón 1º Primaria curso 2023-24

Todos os alumnos/as do noso CRA que solicitaron praza en 1º de Primaria no centro adscrito CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN para o vindeiro curso 2023-24 foron admitidos/as.

Días non lectivos

Voltamos ás escolas o vindeiro xoves 23 de febreiro. Bo Entroido!

Programa escolar consumo de froitas 2022-23

Do 6 ao 17 de febreiro, grazas á subvención do FOGGA, comezamos o primeiro período de reparto de froita nas nosas escolas.

Programa escolar consumo de leite 2022-23

Do 23 de xaneiro ao 17 de febreiro, grazas á subvención do FOGGA, comezamos o primeiro período de reparto de leite nas nosas escolas, por suposto, LEITE 100% GALEGA!!!.

Reserva praza centro adscrito curso 2023-24

 Premer na imaxe para acceder á información

  

Agradecimentos a HP y su programa HOPE

Nuestro reconocimiento y agradecimiento a HP por su labor a través de su programa de donación de equipos HOPE en favor de la enseñanza pública y rural, CRA de Dodro y CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Nos complace y nos llena de orgullo haber sido seleccionados para recibir estos 21 equipos portátiles, que sin lugar a dudas, contribuirán a mejorar la calidad educativa en nuestros centros y la adquisición de competencias en nuestro alumnado.  Para terminar, una mención especial a Jacobo por su gran papel de embajador de nuestra comunidad educativa, por su entusiasmo, apoyo y perseverancia, siempre pensando en nuestro alumnado, el futuro de nuestro Concello.

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21