ACE

DÍA DA PAZ 30 DE XANEIRO

Onte celebramos o Día da Paz. Fixemos unha recollida de alimentos para cáritas Dodro e participamos na "2ª Carreira solidaria do CRA de Dodro". 

Moitas grazas a todos/as que colaborastes e participastes; sen vós non é posible. Grazas!!

 

Magosto 2023

Así disfrutou do Magosto o alumnado e profesorado do CRA. Pasámolo en grande!!

Xornada de convivencia no CPI Eusebio L. Baleirón

O xoves 20 de abril o noso alumnado compartiu actividades e tempo de xogo no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón xunto ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. Unha xornada moi especial e emocionante para os nosos pequenos/as. Grazas unha vez máis ao CPI polo voso esforzo e implicación.

Visita de Uxío Abuín - Campeón de Triatlón

Estes dias tivemos a sorte de que veu ao CRA o grande triatleta, nado en Dodro, Uxío Abuín. Aprendimos moitas cousas da súa especialidade e puidemos ver roupa de competición e algunha das súas medallas. Ademais falounos da importancia dunha boa alimentación para ter unha vida saudable. Puidemos facer e comer unhas ensaladas que estaban riquísimas! 

Moitas grazas Uxío polo teu tempo e os teus consellos!!

1

2

3

4

O noso Entroido en imaxes

 Lecra deixou por aquí uns recordos, pero antes queremoslle dar as grazas ao CPI Eusebio Lorenzo Baleirón por compartir connosco este día, ás familias polo voso acompañamento e polos doces tan saborosos que achegastes, e ao avó de Martín pola súa xenerosidade ao ofrecernos o seu tractor. Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós.

Carreira Solidaria pola Paz e a Non Violencia

Grazas á solidariedade dos participantes e dos que nos acompañastes nesta primeira edición recaudamos 276 euros para SAVE THE CHILDREN. Xa estamos pensando na segunda o vindeiro curso!!

Preparad@s para o Entroido?

Mandadiños de Lecra do luns 13 ao xoves 16 de febreiro.

Premer na imaxe para ver as mandas de cada día da semana.
Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21