TICs

Despedindo o curso 2022-23

 Coa chegada do verán, entre mágoas e alegrías despedimos este curso que pasou tan rápido, tan rápido como un divertido sono do que nunca queres que chegue o final, aunque este final, como nos mellores contos, é un final feliz, unha etapa que remata e outra que comeza, sempre cara adiante, coma unha nova viaxe, con ilusión e alegría. Aos que desembarcan e inician un novo camiño, moita sorte e ata sempre. Bo verán!.

De viaxe por terras de Pontevedra

 O noso agreadecemento ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán pola acollida e a viaxe tan especial que organizaron para os nosos pequenos/as. A localización das imaxes pertencen aos exteriores do Pazo de Lourizán e á Lagoa de Castiñeiras, terras de Pontevedra. Comprometid@s co coidado da contorna natural e a loita contra o cambio climático no marco do programa Mestres Gandeiros do Plan Proxecta 2022-23.

ACTIVIDADE SUBVENCIONADA grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e o CRA de Dodro no 2023.

Sementeir@s 2.0

Aquí vos deixamos un adianto do ben que o están a pasar os nos@s pequen@s sementando, coidando e observando os cambios que se producen cada día nas súas cenorias, leitugas, amorodos,...

As actividades que estamos a desenvolver forman parte do proxecto "Cultivando con Lecra nas nosas escolas" dentro do programa Mestres Gandeiros do Plan Proxecta 2022-23.

Grazas á axuda económica da Comunidade de Montes Cruz do Avelán puidemos adquirir  invernadoiros para cada escola, maceteiros de madeira, materiais e recursos para sementar, e un montón de axuda e asesoramento para montalos e poñelos a funcionar, ademais de participar en actividades de plantación en colaboración co IES de Arzúa no noso centro. Por último, agradecer á Escola de Capacitación Agraria de Lourizán por contar connosco para desenvolver actividades co noso alumnado.

Compartindo emocións

O mellor agasallo, o sorriso e ilusión dos nosos pequenos/as e poder compartir ao voso lado estes momentos, este ano nun escenario distinto pero importante para o noso alumnado, o cole dos maiores, o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Grazas por recibirnos e acollernos con tanto agarimo e por compartir connosco a mesma ilusión. O equipo docente do CRA de Dodro deséxavos a todos e a todas un Bo Nadal e un Próspero Ano Novo!. Vémonos de novo o luns 9 de xaneiro de 2023!.

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21