Lambetada de Pascua

Achégase a Pascua, época moi doce para os máis cativos.

Por suposto nas escolas non nos puidemos resistir!!

Ovos

Ovos 2

Visita de Uxío Abuín - Campeón de Triatlón

Estes dias tivemos a sorte de que veu ao CRA o grande triatleta, nado en Dodro, Uxío Abuín. Aprendimos moitas cousas da súa especialidade e puidemos ver roupa de competición e algunha das súas medallas. Ademais falounos da importancia dunha boa alimentación para ter unha vida saudable. Puidemos facer e comer unhas ensaladas que estaban riquísimas! 

Moitas grazas Uxío polo teu tempo e os teus consellos!!

1

2

3

4

Plantando

O 20 de marzo comezou a primavera e con ela a época de plantar nas escolas. Deixamos un adianto.

PRimavera

 

Semana da Prensa

Os nenos e nenas do CRA convertéronse en xornalistas durantes uns días. Queredes ver o resultado? Preme na imaxe.

A voz do CRA

Mimando as cabuxiñas

Como nos gustan os animais! Tres cabuxiñas fixeron as delicias dos nenos e nenas da escola de Chenlo.

Damos as gracias ao avó de Breixo por traérnolas á escola.  

Deporte acuático

Hoxe na escola de Chenlo tiveron unha visita moi especial.

O pai de Sabela, ensinóulles moitas cousas sobre o Piragüísmo e incluso puideron montar en canoa e nun kayakl!!

Moitas grazas, encantóulles a visita!

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21