Quen nos conta un conto?

Non puidemos disfrutar máis ao longo desta semana coa compañía das familias do alumnado do CRA. 

Nais, avoas, tías e madriñas convertíronse en contacontos e fixéronnos pasar uns días moi entretidos!

Unha vez máis queremos agradecer a vosa implicación.   

Día Libro Vigo

Día Libro Lestrobe

Día Libro Laiño

Día Libro Bexo

A nosa Alba

Hoxe despedimos a Alba que rematou o su último período de Prácticum do Grao en Mestre/a de Educación Infantil da USC na nosa escola de Laíño. Peques, familias e profes imos botarte moito de menos. Grazas por elexirnos por segunda vez para completar a túa formación como mestra e por estes meses nos que nós tamén aprendimos moito ao teu carón. As portas do noso centro estarán sempre abertas para recibirte con moito agarimo.

Xornada de convivencia no CPI Eusebio L. Baleirón

O xoves 20 de abril o noso alumnado compartiu actividades e tempo de xogo no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón xunto ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. Unha xornada moi especial e emocionante para os nosos pequenos/as. Grazas unha vez máis ao CPI polo voso esforzo e implicación.

Día do Libro

Este ano retomamos a visita á biblioteca do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Gozamos moito, tanto dos contos que nos contastes, como dos libros que alí fomos descubrindo. Moitas grazas! 

Cantando coas mans

Este curso participamos por primeira vez na VI Edición do concurso "Cantando coas mans" convocado pola FAXPG coa adaptación da canción "Rosa e Azul" de Charo Pita & Trotaventos realizada polo noso alumnado de Infantil en colaboración coas familias, a ANPA de Dodro e o profesorado do centro. 

Proxecto TERRA

Participación do noso centro no PROXECTO TERRA "Eu son inspector@ urbanísti@. Coida do territorio, coida do teu" para o que fumos seleccionados. 

Día da Poesía

Con motivo do Día da Poesía, Deleite galego en colaboración coa fundación Xosé Neira Vilas, agasallounos con estes dous exemplares de Embora gañadores da última edición do Premio Arume de poesía para a infancia. Moitas grazas!

Cultivando con Lecra

Desta volta LECRA envíanos unhas caixiñas cheas de libros para aprender moitas cousiñas sobre as plantas que imos cultivar esta primavera. Disfrutaremos moito coas novas lecturas!!

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21