RADIO LECRA

Presentamos o primeiro podcast feito polo alumnado do CRA, neste caso o alumnado da Escola de Laiño.

Cada mes o alumnado dunha escola contaranos as novas máis importantes que ocurriron no CRA. Esperamos que os disfrutedes!!!

Servizo de Madrugadores

Mañá, luns 2 de outubro, ponse en marcha o servizo de madrugadores na Escola de Vigo en horario de 8:30 a 9:30 horas.

Dámoslle as grazas ao Concello por facer posible a oferta deste servizo que facilita a conciliación familiar.

Madrugadores

 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Lembramos os horarios de período de adaptación para o alumnado de            4º Infantil. Os veteran@s de 5º e 6º virán ás escolas no horario habitual, de 9.30h a 14.30h.

 

 Vémonos o martes!!

 

XA ESTAMOS DE VOLTA!!! Curso 2023-2024

PREPARAD@S PARA COMEZAR!! 

 

REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO

As reunións faranse en cada escola no seguinte horario:

ESCOLA DÍA HORA
LAIÑO Martes, 5 de setembro 11.00h.
BEXO Martes, 5 de setembro 12.00h.
LESTROBE Mércores, 6 de setembro 10.00h.
VIGO Mércores, 6 de setembro 11.00h.

 

 

Despedindo o curso 2022-23

 Coa chegada do verán, entre mágoas e alegrías despedimos este curso que pasou tan rápido, tan rápido como un divertido sono do que nunca queres que chegue o final, aunque este final, como nos mellores contos, é un final feliz, unha etapa que remata e outra que comeza, sempre cara adiante, coma unha nova viaxe, con ilusión e alegría. Aos que desembarcan e inician un novo camiño, moita sorte e ata sempre. Bo verán!.

Matrícula curso 2023-24

ABERTO O PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO/A NO NOSO CENTRO O VINDEIRO CURSO 2023-24 DO 20 AO 30 DE XUÑO.

Para máis información:

981 802 421

680 168 637

cra.dodro@edu.xunta.gal

De viaxe por terras de Pontevedra

 O noso agreadecemento ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán pola acollida e a viaxe tan especial que organizaron para os nosos pequenos/as. A localización das imaxes pertencen aos exteriores do Pazo de Lourizán e á Lagoa de Castiñeiras, terras de Pontevedra. Comprometid@s co coidado da contorna natural e a loita contra o cambio climático no marco do programa Mestres Gandeiros do Plan Proxecta 2022-23.

ACTIVIDADE SUBVENCIONADA grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e o CRA de Dodro no 2023.

Audiolibro cultivando no CRA de Dodro

Proxecto desenvolvido ao longo do curso dentro do programa Mestres Gandeiros no marco do Plan Proxecta 2022/23.

 

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21