Biblioteca

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

O 25 de novembro conmemorouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e no CRA tivemos a gran sorte de contar con dúas colaboracións especiais.

O Concello organizou CONTACONTOS NO CRA pola semana contra a Violencia de Xénero e ata as escolas veu Raquel que nos amenizou a mañá co conto: A BONECA DE LUCAS e cunha actividade plástica posterior.

O venres 25 de novembro visitamos á Biblioteca Municipal e alí unhas nais do CRA léronnos 2 contos: UNHA PARELLA DIFERENTE E BRANCANEVES E OS 77 ANANIÑOS.

Qué ledicia escoitalas e que ben o pasamos!! Os máis pequenos non paraban de rir. Posteriormente, fixeron unha manualidade e cada neno/a levou o seu ananiño para casa.

Queremos darvos as grazas por compartir estes momentos con nós. Esperamos que haxa moitos outros.

Visita oa centro de Día de Dodro

Os peques e profes do CRA tivemos a oportunidade de celebrar a Festa das Letras visitando o Centro de Día de Dodro, no que desfrutamos da lectura dun conto e pasamos un rato moi agradable xunto cos maoires do centro. Moitas grazas a todos!!

Obradoiro Pablo Otero

O CRA de Dodro colaborou co CPI Eusebio Lorenzo Baleirón na difusión dun obradoiro con Pablo Otero, dentro do programa "Lectura e familias" de Bibliotecas Escolares.

Viaxando por Dodro co SuperDoc

Dentro do Plan Proxecta "Viaxando con Lecra polo Concello de Dodro", os nenos e nenas do CRA xogaron co SuperDoc para coñecer sitios importantes do noso Concello. Así entrenamos o razoamento lóxico, a intelixencia espacial e o conteo.

Como nos divertimos!!

Actividade do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón

Desde o CPI nos mandan a seguinte mensaxe:

Ola! Animádevos a vir! Obradoiro con Pablo Otero, pintor, ilustrador e escritor. Para todos e todas, vinde cos nenos/as ou cun amigo/a se sodes da ESO. Este sábado pola mañá.

         

Día das Letras Galegas

Este ano a nosa amiga Lecra preséntanos ao escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán. No seguinte vídeo poderedes coñecer cousiñas interesantes da súa vida e obra.

Agardamos que vos guste!!!!

 

 Os nosos peques tamén coa axuda das familias, tamén decoraron unhas bonitas palabras galegas que vos amosamos a continuación...

 

Día do Libro

Este ano polo Día do Libro, tivemos o pracer de contar coa colaboración do alumnado e profesorado do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Con este traballo tivemos a oportunidade de coñecer máis datos sobre un importante escritor do noso concello, Eusebio Lorenzo Baleirón.

Aquí vos deixamos este estupendo vídeo, no que de seguro, atopareces caras coñecidas.

Moitas grazas!!

 

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21