Radio Lecra

E non podiamos rematar o mes sen presentarvos unha nova entrega do noso programa de radio. Esta vez dende Lestrobe. Desfrutade!

Magosto 2023

Así disfrutou do Magosto o alumnado e profesorado do CRA. Pasámolo en grande!!

Obra musical: O NENO DE PAU no Auditorio de Galicia

ACTIVIDADE SUBVENCIONADA grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e o CRA de Dodro no 2023.

      

SAMAÍN 2023

ACTIVIDADE SUBVENCIONADA grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e o CRA de Dodro no 2023.

RADIO LECRA

Aquí chega o noso segundo programa de Radio Lecra! Esta vez dende a Escola de Bexo. Non volo perdades!!

REINTERPRETANDO CADROS

O alumnado do CRA fixo unha reinterpretación dos 4 cadros que vedes. Aínda que a priori pode parecer que asustan un pouco, podemos dicir que os nenos e nenas teñen unha visión distinta deles!! 

Pinchade en cada imaxe e escoitade as súas historias.      

         ANGUSTIA             NIÑA CON MÁSCARA

         "ANGUSTIA"                                    "NIÑA CON MÁSCARA DE MUERTE"

         EL GRITO             ARAÑA SONRIENTE

                       "EL GRITO"                                        "ARAÑA SONRIENTE"

Visita Petróglifos de Bouza Abadín e Muiño da Sorralleira.

Onte pasamos un día fantástico visitando os Petróglifos de Bouza Abadín, o Cruceiro de Abelán e o Muiño da Sorralleira. Moitísimas grazas á Comunidade de Montes Cruz de Avelán, a Jacobo e a Pablo pola súa compañía e explicacións e a María por abrirnos as portas do seu Muiño. E todo sen saír do Concello de Dodro!!

 

ARTELLANDO CON LECRA!

Lecra veu das vacacións coa cabeciña chea de ideas para este novo curso...

Adiviñades cal será a temática do proxecto deste ano?

artellando con Lecra

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21