Así foi o curso 21/22 no CRA de Dodro

Queremos recordar e compartir con vós algúns momentos vividos no CRA durante este curso. Xogos, sorrisos, traballos, saídas, actividades, festas. Tamén queremos agradecer ás institucións que fixeron posible moitas das actividades feitas e, por suposto, ás familias.

Grazas por un curso inolvidable!!!

 

Festa de fin de curso

Chegou o último día de curso e os peques tiñan ganas de........ FESTA!!!

Así que, despois de tanto tempo, desfrutamos dunha divertida xornada dando botes seguido.

Mirade, mirade!

O corpo humano

Neste curso continuamos aprendendo unha chea de cousas sobre o corpo humano, e así volo amosamos no seguinte vídeo.

Agardamos que vos guste!!

Bolsas en galego

Que bonito é o noso idioma! Quixemos realizar unha actividade na que os peques escolleran a palabra galega que máis lles gustara. Finalmente cada escola decidiuse por unha, que escribiron nunhas bolsas de tea nas que levaron os seus traballiños. As palabras seleccionadas foron: corazón, maxia, calma e bolboreta.

As bolsas quedaron preciosas!!!

Actividades sobre Dodro

 Estivemos  practicando a lectoescritura, discriminando e escribindo nomes de lugares de interese do Concello de Dodro. Tamén practicamos o debuxo, recreando algunhas imaxes destes lugares. Somos uns artistas! E ademais atrevémonos a facer un sudoku e un puzzle que nos saiu xenial.

 

Saída aos petróglifos coa Comunidade de Montes Cruz do Avelán

No noso Concello temos moitos tesouros culturais; un deles son os petróglifos. Os nosos peques pasárono xenial investigando e descubrindo estas xoias do noso contorno.

Queremos agradecer á Comunidade de Montes Cruz do Avelán que fixera posible esta actividade.

Día Internacional contra o Acoso Escolar

No CRA quixemos concienciar ao noso alumnado sobre o acoso escolar. Para iso traballamos o conto "Orellas de bolboreta", de maneira que vexan a importancia de respectar a todos e todas.

Xuntanza dos maiores

O noso alumnado de 6º de Educación Infantil pronto deixarán o CRA; por iso quixemos organizar unha xuntanza con todos eles para que pasasen un bo rato e se coñecesen máis.

Así de ben o pasaron!!

Concello de Dodro en lingua de signos

No CRA quixemos achegar ao noso alumnado a outras formas de comunicación que non son tan habituais na súa vida cotiá, como por exemplo a lingua de signos. Por iso, dentro do noso proxecto "Viaxando con Lecra polo Concello de Dodro", aprenderon a signar "Concello de Dodro". Animádevos a practicar!!

 

Excursión

ACTIVIDADE SUBVENCIONADA grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e o CRA de Dodro no 2022.

 

Bote para arriba e bote para abaixo, así pasaron toda a mañá os nosos pequenos saltaríns e saltarinas no centro de ocio "Mountain house".

Na seguinte imaxe poderedes comprobar que ben o pasaron!!!

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21