Complementarias

Día Mundial dos Animais

ACTIVIDADE SUBVENCIONADA grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e o CRA de Dodro no 2022.

Festa de fin de curso

Chegou o último día de curso e os peques tiñan ganas de........ FESTA!!!

Así que, despois de tanto tempo, desfrutamos dunha divertida xornada dando botes seguido.

Mirade, mirade!

Saída aos petróglifos coa Comunidade de Montes Cruz do Avelán

No noso Concello temos moitos tesouros culturais; un deles son os petróglifos. Os nosos peques pasárono xenial investigando e descubrindo estas xoias do noso contorno.

Queremos agradecer á Comunidade de Montes Cruz do Avelán que fixera posible esta actividade.

Día Internacional contra o Acoso Escolar

No CRA quixemos concienciar ao noso alumnado sobre o acoso escolar. Para iso traballamos o conto "Orellas de bolboreta", de maneira que vexan a importancia de respectar a todos e todas.

Xuntanza dos maiores

O noso alumnado de 6º de Educación Infantil pronto deixarán o CRA; por iso quixemos organizar unha xuntanza con todos eles para que pasasen un bo rato e se coñecesen máis.

Así de ben o pasaron!!

Excursión

ACTIVIDADE SUBVENCIONADA grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e o CRA de Dodro no 2022.

 

Bote para arriba e bote para abaixo, así pasaron toda a mañá os nosos pequenos saltaríns e saltarinas no centro de ocio "Mountain house".

Na seguinte imaxe poderedes comprobar que ben o pasaron!!!

Día Mundial do Medio Ambiente

O 5 de Xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente, e para celebralo tivemos a oportunidade de colaborar coa Comunidade de Montes da Cruz do Avelán, coa creación destes carteis nos que os nosos peques demostran o concienciados que están co coidado da natureza.

Día da Familia

O 15 de maio é o Día da Familia, e para celebralo, os peques do CRA fixeron un divertido 3 en raia, para desfrutar en familia todos os días do ano.

Escollede fichas e a xogar!!!

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21