Biblioteca

Grazas Kalandraka e Paco Nogueiras

O venres pasado tivemos o pracer de recibir a Paco Nogueiras na escola de Lestrobe. Contounos moitos contos e cantounos algunhas cancións. Así de content@s e felices estabamos ese día!.

ACTIVIDADE SUBVENCIONADA grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e o CRA de Dodro no 2023.

Día do Libro

Este ano retomamos a visita á biblioteca do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón. Gozamos moito, tanto dos contos que nos contastes, como dos libros que alí fomos descubrindo. Moitas grazas! 

Día da Poesía

Con motivo do Día da Poesía, Deleite galego en colaboración coa fundación Xosé Neira Vilas, agasallounos con estes dous exemplares de Embora gañadores da última edición do Premio Arume de poesía para a infancia. Moitas grazas!

Cultivando con Lecra

Desta volta LECRA envíanos unhas caixiñas cheas de libros para aprender moitas cousiñas sobre as plantas que imos cultivar esta primavera. Disfrutaremos moito coas novas lecturas!!

Lecturas que van e veñen

O xoves 2 de febreiro arrincamos de novo coas mochilas viaxeiras!!!

LECTURAS DE NADAL

Lecra envióunos ás aulas unhas caixiñas cheas de contos navideños!!

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21