PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

 

PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

 do 1 ao 20 de marzo de 2024

 

Solicitude de praza para o alumnado que solicite posto escolar por primeira vez ou para o alumnado que desexe cambiar de centro.

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTARÁ :

Presentar unha única solicitude: Anexo II e Anexo II bis, asinada polos dous proxenitores (formulario ED550B). 

Poden cubrir o impreso facilitado, imprimilo na web ou a través da sede electrónica da xunta:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar  

Copia do DNI do/a neno/a, se o ten e dos proxenitores. 

En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor. 

 

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de Xuño de 2024.

 

 

*Queda fixado polo centro como criterio complementario no proceso de admisión cunha puntuación de 1 punto: empadronamento no concello de Dodro. 

Mandadiños do Meco 2024

Mandadiños do Meco para a semana que vén (do 5 ao 9 de febreiro). Haberá que facerlle caso!!

 

Radio Lecra

Rematamos o mes de xaneiro coa primeira entrega do programa de Radio Lecra do ano 2024. Esperamos que vos guste!

DÍA DA PAZ 30 DE XANEIRO

Onte celebramos o Día da Paz. Fixemos unha recollida de alimentos para cáritas Dodro e participamos na "2ª Carreira solidaria do CRA de Dodro". 

Moitas grazas a todos/as que colaborastes e participastes; sen vós non é posible. Grazas!!

 

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21