Traballando con elementos multimedia en Drupal


Traballando con elementos multimedia en Drupal

Guia para traballar con elemntos multimedia na web do centr.


Licencia Creative Commons
"Traballando con elementos multimedia en Drupal" por websdinamicas en colaboración con CEIP Francisco Vales Villamarín se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.

4. Inxerir un vídeo

Nos nosos artigos podemos incorporar arquivos de vídeo sen ter que depender de portais externos ou, o que é máis importante, se depender da súa existencia nin incorporar outra publicidade engadida.

Así que é posible que acompañemos os nosos contidos, tanto para artigos, como para contidos páxina e semellantes (nodos, segundo a terminoloxía de Drupal) con vídeos que se poden reproducir directamente, sen necesidade de ser descargados previamente (streaming) e sen ter que facer chamadas a portais externos que sempre nos meten, a maiores, publicidade, enlaces a outras páxinas, etc.

Para que esto sexa posible, as páxinas dos centros xa contan cun módulo (SWF Tools) que permite reproducir os ficheiros con tan só ser adxuntados á páxinas (páxina, historia, ...).

O único requisito é que estes ficheiros de vídeo teñen que estar en formato FLV (Flash Vídeo) e o seu tamño non debe superar o máximo establecido polo administrador[1]. Este formato é o mesmo que empregan os outros portais de vídeos: YouTube, GoogleVideo, etc.

Como este formato, específico para a publicación dos vídeos a través de Internet, non é habitual, teremos que obter ditos ficheiros por outros medios, entre os que sinalamos dous:

  1. Obter un vídeo de Internet: YouTube, por exemplo, descargando dito vídeo en formato FLV para o noso equipo e, poder así, incorporla posteriormente á nosa web. Podes consultar na sección de material complementario deste mesmo tema como obter un vídeo de internet de forma sinxela empregando un puling para Mozilla (o plugin download helper)
  2. Dispoñer dun video propio e convertelo a formato flv. Xeralmente as cámaras gravan o vídeo en formatos AVI, MPEG, ...etc. teremos por tanto que convertir o video ao formato FLV. Algúns programas interesesantes para convertir vídeo son Free Studio, any video converter e supra, pero existen moitos mais conversores de vídeo cada un ten que empregue o que lle resulte mais doado. Podes consultar na sección de material complementario deste mesmo tema algúns converseros sinxelos de manexar e gratuítos.

Unha vez que, dunha forma ou doutra, teñamos o vídeo en formato FLV, xa podemos publicalo na nosa web. Para esto só teremos que crear un novo contido, no nosos caso artigo de blog, e adxuntar dito ficheiro de vídeo.

É moi importante que revisemos o nome do arquivo xa que non pode levar ningún carácter especial, nin comas, espazos, acentos, eñes, símbolos ...etc. ISTO É FUNDAMENTAL, xa que noutro caso o vídeo podería non reproducirse.

inxerir un video

Enviamos o novo contido e automaticamente xa o teremos listo para a súa reprodución na web.

video inxerido

Nota: Insistimos unha vez máis nas vantaxes de publicar o vídeo deste xeito: non estamos condicionados pola existencia do vídeo na súa orixe e, sobre todo, non introduce publicidade nin enlaces externos de ningún tipo.O vídeo aparecerá ben ao princpio do contido, ou ben ao final do contido isto depende das opcións do noso navegador.



NOTA

[1] Ter en conta que o tamaño máximo de subida para un arquivo é de 40 MB, para que vos fagades unha idea aproximadamente uns 13 minutos de vídeo (en formato flv). O administrador da web independentemente deste límite pode ter outro establecido para cada rol, é por exemplo moi habitual que o límite de subida de arquivos estea limitado a 10 Mb, se precisades enviar qrquivos mais grandes deberedes de falar co administrador da web para que suba o límite establecido.
No caso de vídeos moi longos: sempre os podedes editar e dividir en partes de 5 ou 10 minutos e despois subir todos os “anacos” como varios adxuntos ao mesmo contido.
Unha vez feito, Drupal encárgase automaticamente de volver a “pegalos” e reproducilos como un vídeo con varios capítulos.