Traballando con elementos multimedia en Drupal


Traballando con elementos multimedia en Drupal

Guia para traballar con elemntos multimedia na web do centr.


Licencia Creative Commons
"Traballando con elementos multimedia en Drupal" por websdinamicas en colaboración con CEIP Francisco Vales Villamarín se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Basada en una obra en www.edu.xunta.es.

2. Inxerir unha presentación flash de imaxes con SWF Tools

Para que este método funcione o administrador da web debe ter seleccionada a opción "Image rotator" para visualizar unha tira de imaxes no módulo SWF tools (consulta co teu administrador para saber se a web do teu centro ten activada esta opción do módulo)

O módulo SWF Tools está instalado en multisite e dispoñible para todos os centros. Para que funcione o administrador terá que activalo (se non o está xa) e administralo correctamente (1)

A opción Rotator Flash do módulo SWF Tools é compatible co módulo LightBox2 e tamén co navegador de imaxes IMCE incluído no editor de texto rico TinyMCE, polo que se poden achegar imaxes ou fotos dos tres xeitos nun mesmo blog ou nunha mesma web. Pero en calquera caso o aconsellable sería establecer unha guía de estilos para o centro e que todos os usuarios colocasen as imaxes do mesmo xeito para darlle uniformidade á visualización da web e optimizar a súa visualización. En calquera caso é o administrador quen decide o que poden e deben facer os usuarios editores.

Se esta opción está activada o usuario editor o único que ten que facer e adxuntar varias imaxes ao seu artigo e automaticamente o módulo encargarase de crear unha presentación en flash coas imaxes adxuntas. Esta presentación pode aparecer ao inicio do contido ou ao final de todo (depende das opcións do navegador e da plantilla empregada)

Paso a paso:

1. Inicia sesión na web do centro (introduce o teu nome de usuario e contrasinal)
2. Crea ou edita un contido artigo de blog
3. Non poñas aínda o título do artigo
4. No campo corpo escribe o texto do artigo.
5. Atoparás unha opción ao final para adxuntar arquivos.

adxuntar imaxes

6. Pulsa sobre "Examinar" para buscar primeiro as fotos ou imaxes no teu equipo (hai que subilas dunha en unha)

7. Cando atopes a imaxen que buscas pulsa "Abrir"

Hai que poñer ESPECIAL ATENCIÓN NO NOME DOS ARQUIVOS ( as fotos ou imaxes que subimos), non deben levar nin espazos en branco, nin eñes, nin acentos, nin símbolos ou caracteres especiais (como comas, ª, º @, # ...etc)

8. Agora poderás ver a ruta do arquivo no teu equipo, preme sobre "Adxuntar" para subilo.

9. Repite o proceso co resto das imaxes (para facer a presentación flash se precisan un mínimo de dous fotos ou imaxes)

10. Se non queres que calquera se poda descargar as imaxes ou fotos da páxina debes desmarcar a opción "Lista".

adxuntar tira de iamxes con rotator flash

11. Escribe o título do artigo
12. Para rematar preme sobre o botón "Enviar" para publicar o artigo e gardar os cambios.

Agora podes observar o resultado e ver como quedou o artigo. Para que te fagas unha idea podes ver un exemplo neste enlace


Notas

(1) pode consultar a docuemntación relativa á configuración deste módulo no curso de Drupal - Administradores dispoñibles na Aula Virtual Aberta do proxecto websdinámicas http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/aulavirtual/