Xuño 2015

A VENDIMA: O NOSO PROXECTO

Presentación power point elaborada pola familia de Abraham Vazquez Figaredo

 

https://www.dropbox.com/s/oyijm5926tf50ta/A%20vendima%20do%20Ribeiro.pptx?dl=0


VISITA A ADEGA VIÑA COSTEIRA

Presentación power point elaborada pola familia de Roi Cougil González

A PODA

LETRAS GALEGAS 2015

Pincha na foto para ver as actividades realizadas durante a semana das Letras Galegas

 

Tamén fixemos a convivencia co CEIP de Castrelo de Miño para celebrar as Letras Galegas. Pincha na imaxe para ver o ben que o pasamos.

 A continuación podedes ver algúns videos das diferentes actividades realizadas:

"Canción benvida"

 

 "Cantares Gallegos"

 

CONTOS QUE DEIXAN PEGADA

O 30 de abril ás 18:00 h no Auditorio da Casa da Cultura de Ribadavia haberá unha sesión de contos a cargo de PAVÍS PAVÓS, orientada a transmitir valores, que tratan das diferenzas na sociedade, a homofobia, o racismo, o machismo, as desigualdades,... Contos que, sen querelo, van deixar pegada en quen os escoite.

Esta actividade está organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia, dentro do programa Ler conta moito.

RESUMO ACTIVIDADES MES DE ABRIL

O 23 de abril, Día Mundial do Libro, fixemos entrega dos agasallos que nos mandaron dende Bibliotecas Escolares de Galicia.

Tamén tivemos un contacontos por videoconferencia, os alumnos de Primaria contáronlle aos máis pequenos do cole a historia de Don Quixote.

No taller de Rosalía tamén celebramos o 4º Centenario da publicación da 2ª parte do Quixote.