ANXO FARIÑA

O luns 15 de maio tivemos unha visita moi especial, Anxo Fariña (escritor, ilustrador e diseñador galego). Entre as súas obras máis coñecidas para os máis pequenos están as seguintes: a colección de Antón e Pompón, Don Quixote e Breogán, Os Pelelliños, Os Megatoxos, ....

Primeiro fixo un contacontos ilustrado para o alumnado de infantil do CRA e despois un obradoiro de ilustración para o alumnado de 1º e 2º curso de primaria (aprenderon a debuxar a partir de letras, a partir do debuxo dunha patata,....).No seguinte video podedes ver todo o que aprenderon e o ben que o pasaron.

 

Grazas a Anxo Fariña por facer as delicias d@s nos@s alumn@s e tamén a Teresa, a encargada da Biblioteca Pública de Ribadavia, que nos prestou a Sala Infantil para levar a cabo dita actividade.

Estas son algunhas das láminas que nos deixou para o cole:

 

Tamén nos firmou no libro de visitas

 

E agasallounos cun lote de libros para a nosa biblioteca