Abril 2015

PROXECTO "OS ASTRONAUTAS"

Neste terceiro trimestre imos viaxar ao espazo, xa que en astronautas nos imos converter no CRA AMENCER.

Esta actividade para a pizarra dixital foi elaborada a partir do material Canto sabemos! OS ASTRONAUTAS, do Proxecto Os camiños do saber da Editorial Santillana Obradoiro.

 

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Neste ano 2015, o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra o 2 de abril, en memoria do nacemento de Hans Christian Andersen, lévanos aos países árabes e á palabra e á imaxe creada por dúas mulleres representantes da literatura infantil e xuvenil desa parte do mundo: 

  • Moitas culturas, unha historia, é un texto  de Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi, escritora e difusora dos libros infantís nos Emiratos Árabes Unidos.  Traballa pola creación dunha cultura de lectura e por proporcionar libros para nenos e nenas afectadas pola guerra, a inestabilidade política ou os desastres naturais na rexión de Asia Central e Norte de África:

"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, máis compartimos as mesmas historias"

  • A imaxe que ilustra o cartel do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2015 é de Nasim Abaeian, ilustradora nacida en Isfahán, cidade iraní moi evocadora no mundo dos contos*. Formada en Italia, Sharjah (un dos emiratos integrados nos EAU) e Estados Unidos, actualmente é profesora no departamento de Arte e Deseño da Universidade de Zayed (EAU) e traballa como ilustradora de libros infantis. 

PROGRAMACIÓN ABRIL 2015: MES DOS LIBROS

- 1 DE ABRIL: A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia organiza o Mércores, 1 de abril, as 17:00 h no Auditorio da Casa da Cultura, un espectáculo infantil titulado "Maxia Cómica" da man de Leo Leiño, para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (debido a que o día de celebración, o 2 de abril coincide co Xoves Santo de Semana Santa). Esta actividade está dentro do programa LER CONTA MOITO.

Maxia Cómica é un espectáculo para nenos e adultos, coa participación dos asistentes. Divertida e sorprendente. Sempre con relación aos libros e contando unha historia que une os xogos. Espéranvos a todos, pais e nen@s.

 

- DO 20 AO 30 DE ABRIL: Exposición e intercambio dos libros preferidos dos nosos alumnos; cestas con libros no patio na hora do recreo; Padriños e Madriñas lectores (os nenos e nenas de 1º e 2º curso de primaria leranlle aos máis pequenos as súas lecturas favoritas).

 - 23 DE ABRIL: entrega de agasallos (axendas, marcapáxinas,...).

- TALLER DE ROSALÍA: celebración do 4º Centenario da publicación da 2ª parte do QUIXOTE cunha unidade didáctica elaborada por Ana Martínez Rey e que nós traducimos ao galego.

 Recursos para traballar O QUIXOTE

 

 

 LIM

VIDEOS:

 

 

 

 

DÍA DA AUGA 2015

Para celebrar o Día da Auga escollemos uns debuxos onde se fomenta o uso responsable.

21 de MARZO: DÍA DA POESÍA CON ROSALÍA

Aproveitando os poemas que traballaramos de Rosalía de Castro, fixemos un recitado de poemas.

 

 

 

 

 

 

SEMANA DA PRENSA: DO 9 AO 13 DE MARZO

Dende o 9 ao 13 de marzo, nas aulas traballamos cos xornais de diferentes modos.

 

8 MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para celebrar o 8 de marzo, DÍA DA MULLER TRABALLADORA, escollemos o conto de Parella guai, A NOSA TERRA.

Algúns nenos fixeron un debuxo para agasallar a súa nai e tamén unha flor con xornais.

 

RESUMO ACTIVIDADES DÍA DE ROSALIA

Nesta presentación podedes ver os debuxos do noso alumnado, debuxaron a Rosalia de meiga, de fada, de pirata, enriba das árbores,...

Concurso "Ilustra o pensamento de Rosalía": estes son os debuxos que fixeron para o pensamento "Oh! Terra, antes e agora, sempre fecunda e fermosa".

Co debuxo seleccionado fixemos un cartel para decorar as tres escolas.

 

ENTROIDO 2015

Na seguinte presentación podedes ver algunhas das actividades que fixemos durante a semana de entroido no noso cole.

Algunhas das fichas foron elaboradas polo CRA de BERGONDO. Moitas grazas por compartir o voso material.

24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Dende os equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca, queremos recordar a figura de Rosalía. O martes 24 de febreiro celebraremos o Día de Rosalía. Este ano escollemos o poema Rosalía pequeniña, do libro-disco "Rosalía Pequeniña", na voz de Uxía e con ilustracións de Marina Seoane.

Ademais dun recitado de poemas de Rosalía e un concurso: "Ilustra o pensamento de Rosalía". Elixirase unha frase significativa da autora para logo ilustrar polo alumnado do noso centro. Coa ilustración gañadora farase un cartel. O agasallo será o libro "Rosalía pequeniña" de Árbore-Galaxia.

 

 

 

LIM Xogando con Rosalía, da Biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda