Skip to Content

Aviso ás familias de educación infantil

Boas familias!!!
En vista da situación actual do Coronavirus facémosvos chegar as recomendacións. 

 
 
Esperemos que toda esta situación pase o máis pronto posible, pero como ainda non se sabe como vai evolucionar, desde o equipo de infantil queremos mandarvos algunhas recomendacións para facer na casa cos nenos e nenas tal e como se indica desde a Consellería:
 
-Lectura de contos. Tamén podemos inventar historias cos nosos fillos e fillas, crear personaxes, cambialos, secuenciar a historia, cambiar os finais dos contos populares e inventarlle outros... empregando as técnicas de Gianni Rodari.
 
-Lecto-escritura, facer grafismos de letras, palabras, vocabulario de contos, estacións do ano,... todo esto podemos facelo de xeito manipulativo, facendo os grafismos nunha bandexa con lentellas, bicarbonato... borrar e volver facer. Facer carteis para as zonas e materiais da casa, traballar o nome, o nome e apelidos nosos, das nosas familias, dos nosos compañeiros...Xogar a encontrar letras, nomes ou palabras nas revistas, xornais...
 
-Xogos matemáticos, con dados, secuencias, contar obxetos cotiás, formar grupos numéricos ou series cos nosos xoguetes, obxectos cotiás...
 
-Xogos manipulativos no que traballen a psicomotricidade fina, facer collares, traballo con pinzas, coordinación óculo-manual...
 
-Xogo libre e xogo simbólico. Actividades ao aire libre no noso xardín da casa, ...
 
-Xogos de mesa.
 
-Obradoiros nos que fagan manualidades con elementos da natureza, experimentos, pintura...
 
-Cantar cancións, bailar e moverse,...
 
-Desfrutar do tempo en familia e colaborar nas terefas do fogar, dándolles responsabilidade e autonomía aos cativos e cativas.
 
 
Ademáis, aquí vos deixamos un exemplo de secuenciación diaria para que pasedes estos días na casa, podedes adaptala como mellor vos conveña:
 
 
 

Para a área de Música a mestra suxire alguhas recomendacións:

 

LITTLEEINSTEINS

https://www.dailymotion.com/video/xxkpmw

 

https://www.dailymotion.com/video/xxjsqj

 

https://www.dailymotion.com/video/xxjnkv

 

https://www.dailymotion.com/video/xxjnmo

 

https://www.dailymotion.com/video/xxjp0e

 

https://www.dailymotion.com/video/xxjp5d

 

https://www.dailymotion.com/video/xxjnol

 

https://www.dailymotion.com/video/xxjnqz

 

CANCIÓNS DEVAIANA

https://www.youtube.com/watch?v=X2Bx2BICEJU

 

https://www.youtube.com/watch?v=LaKkia1LSr0

 

https://www.youtube.com/watch?v=TsI7co5OWtg

 

https://www.youtube.com/watch?v=uS67TrEB_eE

https://www.youtube.com/watch?v=540c-MFbA6c

 
 
A mestra de Educación Física colgará as súas recomendacións no seu blog: https://ruthmariavarelamateos.blogspot.com//
 
 
Un saúdo a todos e todas, iremos actualizando o blog para darvos ideas de actividades para que realicedes cos cativos e cativas!


page | by Dr. Radut