Skip to Content

✨ Coñecemos a Civilización india....✨

 

Boa tarde familias!!!

 

A semana pasada estivemos traballando moitísimo!!
O Xoves xuntámonos para realizar un mural para o día da paz con Draco como protagonista. Os nenos e nenas de 5 anos fixeron a Draco en grande e os nenos e nenas de 4 anos pintárono con pincel. Despois xuntámonos todo o infantil para facer que Draco non se enfadase e estivese contento resolvendo os conflictos de forma pacífica. Cada un de nós debuxou algo que podería alegrar a Draco e fixese que non se enfadara. O mural quedaou precioso, aquí tedes unha mostra:
 
 

 

 

 

 
 
O Venres comezamos o día na biblioteca, as profes Yolanda e Verónica axudáronnos a traballar un conto en REALIDADE AUMENTADA. O conto tiña uns códigos QR e coa tablet os debuxos de cada páxina cobraban vida!!! Foi unha actividade moi motivadora e gustóunos moitísimo, tanto que volveremos repetir dentro de pouco a experiencia con outros contos. O conto en cuestión titulábase “A medusa volveuse a enfadar”, en relación ao noso proxecto sobre intelixencia emocional.
 

 

 

 

 

 
Despois traballamos coma sempre no noso taller, esta semana tratou sobre a civilización dos indios, comezando así a cubrir os nosos pasaportes a través dos cales viaxaremos polas distintas civilizacións. Os nenos e nenas de tres anos contáronnos de donde veñen os indios, como eran as súas costumes, a súa alimentación, bailes,… e para rematar pintámonos de INDIOS!!! Pasámolo en grande!!

 

 
No próximo taller seguiremos traballando as civilizacións no que nos tocará convertirnos en EXIPCIOS!!
 
 

 

 

 



page | by Dr. Radut