Skip to Content

Festa do medo!!! : -O

Boa tarde familias!!!
Xa estamos de novo polo blogue para traervos unhas novidades terroríficas de samaín!!!

Este Venres no taller desfrutamos dunha riquísima merendola monstruosa para celebrar o SAMAÍN ao grande, fixemos sangue de morcego con laranxas e granada e despois degustámola (en realidade era zume de arándanos pero iso é un segredo ). 

Despois de facer a sangue creamos unhas brochetas monstruosas con sirope de chocolate: con mandarinas fixemos cabazas, con plátanos fixemos fantasmas e con mazás fixemos a franquenstein!!!! tamén untamos arándanos no chocolate.

QUE BO ESTABA TODO!!!!! merendamos tanta froita monstruosa que xa non tomamos a merenda da casa.

Tras esta merendola tan terrorífica recollimos todo e puxémonos a pintarnos as caras de VAMPIROS, FANTASMAS, ESQUELETOS, MONSTRUOS... e asustamos a todo o coleeeeee!!!!!! quitamos unhas preciosas fotos no noso Photocall de samaín e disfrazámonos con tutús, gorros de cabaza, de bruxa e máscaras de morcego.

Saímos guapísimos e metemos moitísimo medoooooo!!!!

Este Venres desfrutamos o taller ao grande!!!!!!!

Ata o próximo Venres a todos e todas, aquí tedes un vídeo onde podedes ver todo o que fixemos, pero non teñades medooooo que somos nós!!!!



page | by Dr. Radut