Skip to Content

Campo a través

O centro CPI Virxe da Cela actúa como anfritrión no campionado comarcal de campo a través escolar do programa XOGADE. Participou o alumnado de Educación Primaria e Secundaria do noso e doutros centros da contorna, relizando un circuito con diferentes distancias en función da categoría, pero que en tódolos casos remataba no campod e fútbol do Xestal.

As condicións climáticas acompañaron favorablemente e gozamos dunha mañá de deporte entre amigos. 

Tres alumn@s do centro clasificaron para o campionato autonómico que tivo lugar en Porto do Son, ao que foron acompañados pola profesora Ruth.



story | by Dr. Radut