Skip to Content

AMBIENTES DE MARZO

 

 

Benvidas de novo, familias!

Este mes de marzo, no ambiente simbólico e constructivo, descubrimos que unha nova estación dera comezo cos minumundos. Tamén disfrutamos co xogo constructivo ao aire libre grazas ás pezas de madeira con diferentes formas xeométricas; dispuxemos dun espazo con terra e diferentes utensilios para a súa manipulación (palas, anciños, cubos…); disfrazámonos, xogamos coas ferramentas e, por último, creamos un espazo para os dinosaurios coa axuda de rodaxas de madeira, pedras, paus…

 

No ambiente de luces e sombras démoslle a benvida á primavera a través da luz negra e o debuxo de flores fluorescentes. Tamén debuxamos coas sombras de flores e animais desta estación grazas ao xogo con linternas, pintamos con acuarelas paisaxes típicas deste momento do ano na mesa de luz, descubrimos insectos e deixamos voar a nosa imaxinación cunha provocación na pantalla a través de imaxes florais.

 

No ambiente de lecto, ciencias e matemáticas realizamos diversas actividades para fomentar estes aspectos, centrándonos nesta última, levamos a cabo: conteo con policubos, pompóns e paos de madeira, descomposición dos números, 1, 2 e 3 seguindo o ABN, relacionar a cantidade co seu número empregando pinzas e facer a grafía do número empregando depresores, entre outras. Non esquecernos da seriación a través de auga con pipetas. En canto a lectoescritura, as actividades propostas foron: facer o seu propio abecedario creando unha tipografía propia con multitude de materiais e técnicas. Por outra banda, crearon dous dicionarios de palabras, un de árbores e outro de insectos; representando o obxecto e escribindo o seu nome. Por último, buscaron unha letra con pinzas e representárona con pincel e auga nun taboleiro escuro. Finalmente, en canto a experimentación, fixeron trasvase de bolas de hidroxel clasificando por cores e separaron cores con xabón e leite.

 

No ambiente artístico e sensorial contamos con distintas propostas nas que traballar as habilidades artísticas empregando diferentes técticas. Realizamos debuxos con auga e polvo de tiza machacado en morteiros, creamos obras de arte coas cores desteñidas do papel crespón, xogamos con unha plasti moi particular creada con fariña, auga, sal e papel crepón e contamos con un xogo de pezas soltas co que deixamos voar a imaxinación. Na mesa sensorial, dipuxemos de distintos alimentos como lentellas, garabanzos, macarróns… para traballar as texturas, as cantidades, a motricidade… Non tivemos tempo para aburrirnos!

Aquí podedes ver o vídeo deste mes

 

 

Ata a próxima!

 

 



page | by Dr. Radut