Skip to Content

AMBIENTES NOVEMBRO

 Ambientes Novembro

 

No ambiente de mates, lecto e ciencias ao longo de este mes contamos con propostas moi variadas. Na mesa de experimentación descubrimos que acontece se mezclamos vinagre con bicarbonato, en este espazo tamén contamos con un microscopio dixital no que observar e analizar distintos materiais e elementos. En canto as propostas de lecto-escritura, xogamos coa ruleta para logo escribir palabras na pizarra dixital, buscamos palabras e imaxes escondidas na mesa de luz, traballamos con xogos de discriminación auditiva… En canto á lóxica-matemática, dipuxemos de distintos xogos que nos axudaron a traballar a cuantificación, a discriminación de formas xeométricas e cores…Non tivemos tempo a aburrisnos nadiña!

 

No ambiente de luces e sombras experimentamos coas múltiples posibilidades da luz. Coa axuda do retropoxector puidemos crear historias e plasmalas no papel; tamén contamos cun espazo no que, coa luz negra e uns rotuladores de tinta segreda, debuxamos diferentes siluetas. Por outra banda, o reflexo da luz na parede permitíunos crear edificios e torres con cartón; ao sumo, nos tipis empregamos as lanternas para descubrir as palabras e obxectos que se agochaban nos tarros e, como non, tamén argallamos na mesa de luz con diferentes utensilios (pinceis, rolos, bastoncillos…).

 

No ambiente de xogo simbólico e construcións estivemos xogando coa cocinita, o tendal, os bonecos, os animais e disfrazándonos.Tamén poidemos desenvolver a nosa imaxinación coas construcións de madeira e os minimundos otoñais cos dinosaurios que tanto nos gustan e os animais da selva e sabana.

 

E por último, no ambiente sensorial e artístico estivemos a estimular a nosa creatividade con varias actividades como: unha mesa sensorial con elementos do outono: o millo, carozos, piñas… onde aparte de mesturar elementos e transvasalos, aprendemos a debullar. Por outra banda, pintamos libremente con materiais como os cepillos de dentes, garfos e rodillos, empregando as cores do círculo cromático propio desta tempada. Ademais disto, fomos escultores/as facendo figuras con arame e arxila, desenvolvendo a nosa imaxinación, a motricidade fina e atención. Por último, seguimos patróns con materiais desta estación no recanto de pezas soltas.
 


page | by Dr. Radut