Skip to Content

Visita a Burgos e Atapuerca do alumnado da ESO

O alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela de Monfero tivo a oportunidade de descubrir un dos lugares máis importantes a nivel mundial en canto a estudos de evolución humana se refire. No Centro de Arqueoloxía Experimental (CAREX) e no Paleolítico Vivo, tivemos a oportunidade de familiarizarnos coa vida do Paleolítico, e mesmo tivemos a oportunidade de descubrir algunha das especies de animais que habitarían a Península Ibérica naqueles tempos.

Nos xacementos de Atapuerca e no Museo da Evolución Humana descubrimos, entre outras cousas, os restos máis antigos de homínidos que se teñen atopado ata o de agora en Europa, con unha idade de 1.300.000 anos. Para completar a viaxe, visitamos tamén a catedral de Burgos, primeira catedral gótica da Península Ibérica.

Para máis información, podedes visitar o blog do departamento de Ciencias Naturais.

 

 



page | by Dr. Radut