Skip to Content

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA CORONAVIRUS: COVID-19

 

1. A que persoas vai dirixido?

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas ás familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1€ polo mesmo.

2. En que consiste a axuda?

As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

3. Que axuda se vai a percibir?

2,50 € por día lectivo, no casos de alumnado gratuidade total

1,50 € por día lectivo para o alumnado que paga 1€

4. Que días cubre esta axuda?

Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total só 11 días lectivos.

Abril: dende o 1 ó 3 de abril: en total só 3 días.

Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio(non incluído por ser festivo)

5. Como se vai a pagar?

En dous pagamentos:

1 pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).

2 pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.

6. Quen son os beneficiarios?

 Familias que cumpren os requisitos económicos (punto 1) cun ou máis fillos escolarizados en centros educativos ó cargo da Consellería de Educación.

7. Como presentar a solicitude e qué prazo hai?

 Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.

 Presentación: Forma electrónica ou a través da dirección do centro:

 1.  Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 Para elo é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.

2. Dirección do centro: enviando un correo electrónico a cpi.virxedacela.monfero@edu.xunta.gal cos seguintes datos:

     DNI do pai ou nai:

     Pagamento: gratuidade total / abono de 1€

     Nome do alumno/a:

     Nome do pai/nai:

     Número de cuenta bancaria:

 De non ter a posibilidade de enviar un correo electrónico poderedes chamar ao centro (TLF: 981 777 606) o día 2 de abril en horario de 10:00 a 14:00, facilitando os datos anteriores.

AVISO: Debido aos problemas que tivemos hoxe (2/4/20) ca liña de teléfono, prorrógase o prazo da atención telefónica ao venres 3/4/20 en horario de 10:00 a 14:00.



page | by Dr. Radut