Skip to Content

Educación física

APRENDENDO RCP

A intervención rápida ante unha parada cardio-respiratoria é vital para que os equipos de emerxencia poidan actuar e salvar vidas. 

Por esta razón, a primeira formación sobre este contido foi o pasado 15 de novembro, organizouse desde o departamento de orientación e educación física, en colaboración co CHUAC unha charla dirixida a todo o alumnado da ESO e 5º e 6º de educación primaria, dentro do “Programa de Divulgación en Doazón e Transplantes”

Na primeira sesión, impartida por Alejandro, enfermeiro do CHUAC, vimos os aspectos básicos da Doazón de órganos e tecidos.

Na segunda sesión, Fernando, médico da UCI, despois das pautas básicas teóricas sobre a RCP (Reanimación Cardiopulmonar) ensinou ao alumnado a realizar a maniobra de forma práctica.

Toda unha experiencia que repetiremos coa formación básica para alumnado e profesorado dentro do Plan deportivo de centro.

A formación continou para Secundaria no segundo trimestre , impartida pola profesora de E.Física  Mª Teresa Blanco Martinez, (que ademáis de profesora de E.F e titulada en Salvamento e Socorrismo), que realizou e aprovou neste ano 2017,  previamente o curso de reciclaxe de Soporte Vital Básico e Desfibrilación externa semiautomática (DESA ou DEA) dentro do programa RCP na aula , impartido por Urxencias Sanitarias 061 e organizado pola Xunta de Galicia, (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), no Centro de Formación do Profesora de Ferrol, e que ten contemplada na súa programación unha U.D de Salvamento e Socorrismo.

O traballo na clase ( en 4 horas por curso), con cada curso de Eso (dende 1º a 4º), foi teórico-práctico ( como parte do que se exixia no curso de formación o que asistiu a profesora), con maniquís e un aparato DEA de prácticas, que foi prestado polo centro de formación do profesorado.  Repasamos, actualizamos e reforzamos os coñecementos xa traballados no anterior obradoiro, e ademáis coa introducción  dos contidos sobre Soporte vital básico e cadea de supervivencia e o manexo do DEA , sendo último de suma importancia, no só polo obxectivo claro de salvar vidas, se non que paralelamente o traballo nas aulas e na asignatura, o Axuntamento de Monfero, mercou un para o Pabellón Polideportivo.

O finalizar a súa formación,  cada alumno acadara un diploma acreditativo , concedido polo 061, solicitado a través da profesora da asignatura. 

MAIOS 2017

 

O Venres 19 de Maio, no patio interior do Cpi , se levou a cabo as actividades de celebración conxunta do Día das Letras Galegas e os Maios.

As actividades foron realizadas por alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria conxuntamente, consistindo na lectura de textos, elaboración dunha alfombra e decoracións florais e a representación dunha coreografía de baile tradicional galego con unha interpretación músical, enmarcada dentro do programa  Xogade , modalidade Movete+ do Plan Proxecta.

 

 

O traballo da preparación da actividade foi conxunto e  interdepartamental de Infantil, Primaria e Secundaria, foi a través diversos Departamentos tales como  Música, Plástica, Relixión, E.Física, Lingua, Bioloxía, etc e as Dirección e Xefaturas de primaria e secundaria, conxuntamente.

 

QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

CARREIRA SOLIDARIA: QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE.

XOVES 15 DE DECEMBRO

O CPI Virxe da Cela sumouse este ano, por primeira vez,  á  XIII Carreira Quilómetros de Solidariedade da ONG Save The Children.  Enmarcada dentro das nosas actividades solidarias, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.

Moito máis que unha actividade deportiva, a carreira Quilómetros de Solidariedade permite traballar a defensa e promoción dos Dereitos da Infancia dentro e fora da aula. A través das actividades didácticas as alumnas e alumnos coñecen máis de preto a situación que millóns de nenas e nenos de países máis desfavorecidos viven a diario. Mobilizarse e loitar para defender os seus dereitos é o noso obxectivo. Cada quilómetro percorrido conta para chegar á meta: conseguir que todas as nenas e nenos do mundo teñan asegurado o cumprimento dos seus dereitos.

 
E para mostra, o vídeo que tedes a continuación.
 
GRAZAS A TOD@S  POLA VOSA SOLIDARIEDADE
 
 

             

DAFIS (CURSO 2016-17)- DATOS SOBRE A VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA SAUDABLE PRIMARIA/SECUNDARIA.

Este curso participamos de novo, e estendendo dita participación a Ensinanza Secundaría, en DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable), enmarcado no Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Este programa aparece para facilitarnos aos profesores a valoración da condición física dos nosos alumnos e no noso CPI estamos a desenvolvelo dentro do Plan Proxecta. Os protocolos de valoración pretenden medir aquelas cualidades físicas e psicomotoras que está demostrado científicamente que gardan relación coa saúde (forza, resistencia, flexibilidade, axilidade-velocidade) e permite coñecer en qué estado físico se atopa un alumno para decidir cales son os aspectos que necesitan mellorar e cales non. Esta valoración é fundamental para coñecer e facer un seguemento dos seus valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades.

A continuación publicamos un documento no que aparecen os resultados por idade e sexo en cada unha das probas físicas e no IMC. As cores verdes indican que os valores se corresponden cunha condición física saudable e as cores vermellas nos avisan que debemos mellorar nesas cualidades físicas. En cada unha das probas podemos comparar tamén os resultados coa mediana en Galicia.

 

En xeral, estamos  contentos cos resultados obtidos polo noso alumnado, aínda que temos que traballar un pouco máis na mellora dalgunha das cualidades físicas, como forza e flexibilidade de cara o curso que ven .Vos animamos a seguir practicando actividade física e deportiva non só no centro, se non nas vosas horas de lecer, fora del, e sobre todo, no fantástico verán que está por vir. Noraboa rapazas e rapaces do Xestal!!!

 

No arquivo adxunto podes ver o informe do centro:

 

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN A PÉ

 

O Mércores 15 de Marzo, toda a Eso, participamos no campeonato provincial escolar de Orientación a pé, enmarcado dentro do programa Xogade, incluído no Plan Proxecta, no que está inscrito o centro e que se leva a cabo a través do Departamento de E.Física 

A actividade foi organizada interdisciplinarmente, polo Departamento de Bioloxía que ten como profesor titular a David Casado e polo Departamento de E.Física a través da profesora deMº Teresa Blanco Martinez.

O Campeonato foi nas instalación deportivas  de Acea Dama, en Culleredo (Provincia da Coruña), dende as 10:30 da mañá, ata 13:30 aproximadamente. Coa participación de varios cpi,  e institutos da provincia da Coruña.

 A competición, consistia na búsqueda de pistas (balizas) mediante plano, no menor tempo posible, e facendo un percorrido indiviual (os participantes saían cada 30”), dentro do recinto do parque .Participou todo o alumnado da ESO, en categoría alevín feminino/masculino e infantil feminino/masculino.

Acadamos o 3º posto na clasificación xeral (entre 7 institutos e cpis), clasificándonos para a seguinte fase.

 

INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DE ACEA DÁ MA

CULLEREDO-A Coruña, MÉRCORES 15 MARZO 2017

INDICACIÓNS PARA Os RESPONSABLES DOS CENTROS ESCOLARES

PARTICIPANTES, PARA A MELLOR ORDE DA COMPETICIÓN

1.- A zona de aparcadoiro de autobuses aparece sinalada co núm. 1 no mapa anexo.

2.- Tras o aparcadoiro, os participantes poden dirixirse aos vestiarios (sinalados co

núm. 2 no mapa anexo), para a continuación dirixirse á zona de acreditación.

3.- A zona de acreditación (sinalada co núm. 3 no mapa anexo) abrirase ás 9:30

horas, tendo en conta que nela:

- A organización entregará os dorsais a cada responsable de centro.

- A organización tamén entregará a cada responsable de centro os cartóns

electrónicas personalizadas, así como unha listaxe coa asignación de cartóns.

- Os responsables de cada centro poderán deixar agrupadas as mochilas das súas

orientadores.

4.- A área de espera, previa á presalida (sinalada co núm. 4 no mapa anexo), se

abrirá ás 10:00 horas, podendo realizar nela os orientadores o seu quecemento.

5.- A área de presalida e saída (sinalada co núm. 5 no mapa anexo) abrirase ás

10:15 horas, estando conformada por catro cales en paralelo, unha para cada categoría

(infantil feminina, infantil masculina, cadete feminina e cadete masculina), tendo en

conta que se procederá da seguinte maneira:

- Lembrade «clean» e «check» (borrado e comprobación do funcionamento de

os cartóns electrónicos)

- Non existe asignación previa de horas de saída.

- Os orientadores iranse colocando en fila, por categorías, na rúa respectiva.

- Os orientadores sairán de catro en catro (un por cada categoría) a partir de

as 10:30 horas, cada 30’’, debendo esperar a autorización dos xuíces de

saída.

6.- Na área de chegada (sinalada co núm. 6 no mapa anexo), tras picar o control

«finish» (meta), os orientadores seguen as instrucións dos xuíces de chegada, debendo

dirixirse obrigatoriamente e de inmediato á área de descarga sportident.

7.- Na área de descarga sportident (sinalada co núm. 7 no mapa anexo), os

 

orientadores obteñen os seus resultados individuais e devolven o cartón electrónico

ANDAINA do 26 abril de 2017

 


O mércores 26 os alumnos/as  de secundaria dos centros escolares  dos concellos de Mugardos e Monfero (os CPI Mugardos e  Virxe da Cela)  realizaron unha ruta de senderismo , saíndo do Lugar de O Redondo na parroquia de Queixeiro, pasando pola ponte do Pulín, seguindo o percorrido por enrriba do canle de auga para subir polo antigo camiño Real ata o lugar de Hermida en San Bartolomé. O percorrido continuou polo camiño da Portixola para acadar  mirador de A Pena do Teixo,rematando a ruta, en Sanguiñedo despois de percorrer 11km.
O Departamento de E.Física e o CPI ten que agradecer a organización e colaboración do Concello de Monfero, a través do coordinador de Deportes (Amando), na realización de dita actividade e por darnos a posibilidade de poder participar nela

Distribuir contido


by Dr. Radut