Skip to Content

MATRÍCULA PARA O CURSO 2020/2021

 Teñen que facer matrícula:

- Alumnado novo no centro de calquera nivel.
- Alumnado do centro que cambia de etapa, é dicir os que pasan a 1º de Primaria ou 1º da ESO.
- Todo o alumnado da ESO

O resto do alumnado: soamente ten que cubrir os formularios de recollida de datos (aportando unha foto) e a solicitude do comedor escolar.

 Prazo de matrícula: DO 1 DE XULLO AO 10 DE XULLO DE 2020

 Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO : 1-10 de setembro.

 Aínda que ese é o prazo oficial, poderase presentar a matrícula dende o xoves 25 de xuño.

 Horario de administración: de 9:00 a 14:00. Non se precisa cita previa.

Todo o alumnado do centro recibirá cas notas os impresos e instrucións precisos, o novo alumnado pode recollelo no centro ou descargalo desta páxina nos arquivos adxuntos.

As instrucións para Educación Infantil e Primaria están no propio impreso de matrícula.

Entrega de notas da ESO

O vindeiro martes  23 de xuño entregaranse as notas da ESO de xeito presencial para ao alumnado que así o desexe. Ás 12:00 horas o alumnado pasará á súa aula co seu titor ou titora coidando de manter as distancias de seguridade. Por este motivo, a entrega das notas ao alumnado de 3º de ESO realizarase no taller de Tecnoloxía. Xunto coas notas entregarase o sobre de matrícula para o curso que vén, listaxes de libros e a documentación pertinente en cada caso.

A partir das 13:00 horas as notas e resto da documentación estarán en conserxería a disposición das familias de quen non asistiu ás 12:00. De non poder acudir o día 23 nesas franxas horarias, deberase concertar unha cita para máis adiante. Na aplicación Abalar poderanse ver as notas a partires do mesmo martes 23 ás 13:00

Ese mesmo día farase a devolución dos libros emprestados polo centro e pola Biblioteca, así como os de Fondolibros. Atendendo á normativa vixente, lembramos que de non devolver todos os emprestados por Fondolibros quedarán excluídos para as vindeiras solicitudes.

No caso do alumnado de 2º ESO sen materias para setembro, entregaranse tamén os portátiles Abalar xunto co documento de devolución asinado. Lembramos que tamén farán entrega dos equipos prestados pola Consellería por mor do COVID19 aquelas alumnas que os recibiran.

As normas de acceso ao centro son:

 - Manter en todo momento a distancia de seguridade.

 - Uso de mascarilla dentro do Centro.

 - Na entrada botar xel hidroalcohólico nas mans.

Entrega de notas de Educación Infantil e Primaria

O próximo venres 19 de xuño, coincidindo co día do remate das actividades lectivas, realizaremos a entrega de notas do alumnado Ed. Infantil e Ed. Primaria. Será presencial, por parte das titorías, nas respectivas aulas e acudirá a recollelas unha persoa adulta por cada familia.
Igualmente, procederase á recollida dos libros de texto (Fondolibros) dos cursos 3º e 4º de Ed. Primaria que, como sabedes, a súa entrega é condición indispensable para ter acceso a novas axudas.

 Tamén se recollerán os libros da biblioteca que poidades ter nas casas.

 Ademais das notas entregarase a documentación necesaria para formalizar a matrícula e a lista de libros do curso que vén .

 Na aplicación Abalar poderanse ver as notas a partires do martes 23 ás 13:00, xa que temos que agardar polas da ESO.

 As normas de acceso ao centro son:

 - Unha única persoa por familia. Non se pode acceder ao  centro con menores.

 - Manter en todo momento a distancia de seguridade.

 - Uso de mascarilla dentro do Centro.

 - Na entrada botar xel hidroalcohólico nas mans.

 
Horarios:

Ed. Infantil

De 10:15 a 11:30 h: 4º curso de Ed. Infantil (acceso pola entrada central de administración).
De 10:15 a 11:30 h: 5º curso de Ed. Infantil (acceso pola entrada de Ed. Primaria).
De 10:15 a 11:30: 6º curso de Ed. Infantil (acceso pola entrada central de administración).

 Ed. Primaria

De 10:15 a 11:30 h: 1º de Ed. Primaria (acceso pola porta Ed. Primaria).
De10:15 a 11:30 h: 2º de Ed. Primaria (acceso pola porta Ed. Primaria).
De 11:15 a 12:30 h: 3º de Ed. Primaria (acceso pola porta Ed. Primaria).
De 11:15 a 12:30 h: 4º de Ed. Primaria (acceso pola porta Ed. Primaria).
De 11:15 a 11:35 h: 5º de Ed. Primaria (acceso pola porta Ed. Primaria).
De 11:45 a 12:30 h: 6º de Ed. Primaria (acceso pola porta da etapa de ESO. Será na aula de usos múltiples).

 Se alguén non pode acudir neste día e hora poderá recollelas na conserxería do centro o luns 22 de 9:00 a 14:00.

 Agradecemos de antemán a súa colaboración

 

Listaxe de admitidos

Informamos de que están expostas no taboeiro do centro as listaxes de novo alumnado admitido para o curso 2020/2021.

Todas as solicitudes obtiveron praza.

O prazo de matrícula é do 1 ao 10 de xullo, a través desta páxina web iremos informando das quendas para a vir formalizar a matrícula.

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021

Informamos de que vén de publicarse a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2020/2021

O prazo de presentación de solicitudes é dende o 20 de maio ao 19 de xuño.

Os requisitos e demais información sobre a convocatoria pódese consultar no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica co formulario normalizado Anexo I, a través da sede electrónica:

Sede electrónica, procedemento ED330B

Tamén se poderá presentar de forma presencial para iso pode optar por:

1.- Enviar un email ao centro e achegar os seguintes datos:
- Nome, apelidos e DNI da persoa solicitante (pai, nai, titor ou titora).
- Nome, apelidos  e curso no que se vai a matricular para o ano académico 2020/21, de cada fillo ou filla que o solicita.
- Tamén deberase indicar si non autoriza a consulta telemática dos datos fiscais.  No caso de que si a autorice non fai falta que o indique.

Unha vez que nós recibamos a súa mensaxe con estes datos xeraremos a solicitude e citarémoslles para que veñan revisala e aportar a documentación requerida e de estar todo correcto, levala para asinar por todos os membros computables da unidade familiar, tras o cal deberá ser entregada no centro para validala.

Lembramos o email do centro: cpi.virxedacela.monfero@edu.xunta.gal

Importante: Todas aquelas familias que teñan outros fillos ou familiares que consten na súa unidade familiar, deberán indicarnos os seus datos (nome, apelidos e DNI, así como indicar o grao de discapacidade si o houbera) para incluílos na solicitude, porque Fondolibros recupera os datos familiares de Xade e si xa non están a estudar no centro, non van aparecer na solicitude.

2.- Solicitar cita no teléfono 981777606 en horario de 10.00 a 13.00, ou por Whatsapp no 679 51 41 42 e facer a solicitude no propio centro.

Lembramos que nestes momentos o centro non está aberto ao público polo que non se atende sen cita previa.

Impresos para facer a solicitude: Anexos I e II

Cando chegue o momento de voltar… como imaxinariamos esa nova realidade?

O Departamento de Orientación do CPI Plurilingüe Virxe da Cela quere saber que pasa polas cabezas do noso alumnado en relación a como elas e eles ven a futura volta ao cole. Non sabemos cando nin como polo que, seguramente, poidamos sacar moitas e moi boas ideas de todos eles

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

 

 No DOG do 6 de maio, publicouse o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado.

 Para a realización  deste proceso o equipo directivo do centro informa do seguinte:

 O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de mañá no Centro.

Publicación de listaxes provisionais de admitidos / non admitidos  o 8 de xuño.

 Reclamacións do 9 ao 11 de xuño en horario de 09.00 a 14.00h na secretaría do colexio.

 Publicación das listaxes definitivas antes do 26 de xuño.

 Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo 

 Como norma xeral para a realización deste trámite a o equipo directivo recomenda facer esta solicitude de admisión de alumnado a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia xa que se trata do medio máis seguro para evitar contaxios indexados.

 Se non se puidese facer deste xeito pregamos que se cumpran estas

 

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO COLEXIO

 Farase por petición de cita previa no tlfno.:981777606   ou a través do email:   cpi.virxedacela.monfero@edu.xunta.gal

 Non se atenderá a ninguén sen cita previa. No caso de presentarse persoas sen cita, ésta facilitaráselle con data e hora para poder seguir as normas de protección.

 Pregamos que na medida do posible, acuda unha única persoa para realizar a xestión.

 Deberase acudir con mascarilla, e manter distancia de seguridade con outras persoas que se atopen no recinto de como mínimo dous metros.

 NOTA IMPORTANTE: O Centro estará aberto desde o  luns 11, única e exclusivamente e co persoal imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas, por favor, usen o correo electrónico: cpi.virxedacela.monfero@edu.xunta.gal

Moitas grazas pola súa colaboración e comprensión.

Día da EF na casa

Este martes, 28 de Abril do 2020, celebrouse o Día da EF na casa, idea proposta polo COLEF (Colexios Oficiais de Educadores/as Físico Deportivos/as de España).

 Dende a área de EF, en EI e EP, quixemos formar parte desta gran iniciativa, poñendo o noso gran de area.

 Deixámosvos o vídeo para que o disfrutedes tanto coma nós facéndoo:

 

 O xornal "Enfoques" quixo facer eco desta proposta, nomeando ao noso colexio, entre outros, e mostrando o vídeo que fixemos. Grazas!

 Non o esquecedes...O movemento é vida.

Día da Terra. Consellos

 
O 22 de abril celébrase o do día da Terra,este ano foi o 50 Aniversario, e dende a Comunidade # Polo clima lembramos, que a pesar de estar confinados na casa podemos seguir aportando o noso gran de area, para reducir o impacto que temos no planeta. Isto pódese facer cunhas transformacións no noso propio fogar,  que o farán máis sostible e saudable.
 
Algunhas destas  accións son:
   PECHA A BILLA
Mentres lavas os dentes, te afeitas ou enxaboas as mans, evitando gastar auga innecesaria.
 
 
   USA O LAVALOUZAS
Pode aforrarte 30'6 litros de auga diarios , xa que consume 9 veces menos que fregar a man.
 
   TAPAR AS POTAS
Con este xesto tan sinxelo mentres cociñas, aforras un 25% de enerxía, e se utilizas o tamaño adecuado, aforrarás un 90%.
 
   UTILIZA O MICROONDAS EN LUGAR DO FORNO
O microondas é máis eficiente, consume un 65% menos de enerxía.
 
 
    REDUCE O DESPERDICIO DE ALIMENTOS
¿Sabes todo o que se perde cando tiras a comida ó lixo? ¿toda a enerxía, auga, transporte, almacenamento e xestión de residuos que conleva ese xesto?
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut