Skip to Content

Educación Infantil

COCIÑA CON NÓS!

Moi boas familias!

Polo cole estamos esperando con estusiasmo as vacacións de Semana Santa e que mellor maneira que cun taller de cociña.

Desta vez tocou facer unhas tortitas ben deliciosas. Por suposto, démoslle o noso toque especial. Non podía ser doutra meneira. Pasámolo en grande cociñando, cansamos un pouquiño de batir, xa que non queríamos que nos quedaran grumos...pero parece que todo saiu a pedir de boca. E nunca mellor dito jjajja Se queredes a receita...botade unha ollada ao vídeo.

 Dádelle ao PLAY.

 

 

 

Aínda que, non só cociñamos esta semana...estivemos na aula de ferraganchos co programa de radio do colexio.

Para nós é a primeira experiencia ante os micrófonos pero non o fixemos nada mal. Grazas a DANI, o noso profe de radio, que nos ensinou todos os segredos de produción. Dende os efectos de son ata os "truquiños" para que se nos escoite alto e claro. 

Velaquí estamos nas sesións de gravación.

 

 

 


 

 

En breves, poderedes escoitar as historias tan divertidas que montamos. Pero, teredes que agardar uns días máis.

 

Felices vacacións a todos e todas, vémonos á volta.

Un bico moi forte para todos

ENTRE PINTURAS E SOMBRAS!

Boa tarde familias,

Esta semana convertímonos en grandes artistas!

O xoves fixemos un taller de arte seguindo as instrucións do artista Hervé Tullet, os seus talleres encenden a mecha da creatividade e liberan a imaxinación sacándolle o máximo partido.

Preparados? imos aló! Comezamos facendo un punto pequeno,... logo un máis grande.

Despois, outro máis grande estirándonos e facéndoo lexos de nós.

Agora chegou o momentos dos círculos; comezamos facendo un pequeno, logo grande e por último fixemos o círculo máis grande do mundo!

¡Guau! que bonito!

Seguimos poñéndonos de pé, collendo o pincel, levatándoo....e deixámolo caer!

Unha vez tiñamos todo isto feito, chegou o momento de transformar o cadro de puntos, círculos e manchas....¡nun campo de flores!

E velaquí o resultado:

O venres, aproveitando que xa estamos na primavera, traballamos con flores e follas de diferentes formas e tamaños e xogamos coas súas sombras. Para elo empregamos un retroproxector, mesas de luz...e voilá! A CREAR!

Por último, os nen@s de 6º de E.P trouxerónnos un regalo chulísmo:AS TIZAS ANIMADAS.

Mirade que chulas!

Moitísimas grazas.

Pasade unha boa finde de semana.

Ata a próxima.

Damos a benvida á primavera

 

Benvidos/as de novo!!

Esta semana fixemos actividades moi chulas para recibir á PRIMAVERA :)

O xoves trouxemos uns tarros de cristal para facer unha actividade moi colorida con sal.

Primeiro pintamos o sal con xiz de cores, as cores da primavera!

Cada grupo de traballo encargouse de crear unha cor, cando xa estaban listas todas collimos os nosos tarros e enchémolos co sal de todas as cores.

As cores non se mesturaban e quedaron como se fose o arco da vella…CHULÍSIMOS!!

 

 

 

O venres seguimos traballando para poñer a punto o noso horto.

Fixemos as nosas propias sementeiras para posteriormente transplantar ao noso horto.

Primeiro tivemos que romper a terra para que quedase solta para encher con ela os semilleiros, logo collimos sementes de lombarda, leituga, tomate, acelga, espinaca, albahaca, orégano, sandía... e fómolas botando e tapando con un pouquiño de terra.

Despois regamos e listas as nosas sementeiras!! 

 

 

 

 

 

 

 

Ata a semana que ven!

 

VAIA SORPRESA!!

Boa tarde familias, de volta unha semana máis coas nosas andainas!

O xoves, tivemos unha visita moi especial.

Os nenos e nenas de preescolar quixeron vir a coñecernos e a coñecer o noso cole. Coa súa profe Olaya, cantamos cancións e contáronnos un conto con títeres.

Nós tiñámoslles preparado unha sorpresiña... para que se sentisen acollidos todos xuntos fixemos uns murais con pintura de dedos.

E hoxe, puxemos a voar a nosa imaxinación, para elo empregamos unhas grandes pezas de construcción do sistema LUPO que nos permitiron crear figuras a gran escala de formas moi diversas.
Velaquí as nosas construccións:
Ata a próxima semana!

Semana da prensa e visita á casa dos peixes.

 

Benvidos/as de novo!

Xa estamos aquí para amosarvos todo o que fixemos esta semana.

Tras traballar sobre o día da muller o martes, o xoves traballamos a conmemoración da semana da prensa.

Esta semana todo o cole tiña o desafío de crear un xornal con noticias POSITIVAS!

Basta xa de noticias negativas, temos que lembrar que tamén pasan cousas boas no mundo e que manter unha actitude positiva é primordial.

En educación infantil tiñamos que crear a portada deste xornal tan especial polo que puxémonos mans á obra con moita ilusión.

Entre todos pensamos que cousas nos facían felices de vir ao cole, o que nos pon contentos como xogar cos nosos amigos, o patio que temos, a natureza, os xoguetes…

Así pois, tras pensar en todas as cousas que nos fan sentir alegres e contentos no cole debuxámolas e logo as fomos pegando a modo de collage para crear a nosa portada.

Ademais, os nenos e nenas de 5 anos crearon o título cunhas letras chulísimas!

Aquí podedes ver como quedou :)

 

 

 

 

 

E o venres chegou o día da excursión á casa dos peixes na Coruña!!!

Estivemos durante toda a semana moi ilusionados/as por ir visitar a todos os peixes que alí se atopaban.

Vimos os grandes acuarios que teñen e os animais acuáticos, o tanque cilíndrico, unha exposición de fotografías que amosaban a beleza da natureza e a importancia de coidala, peixes pequenos… pero o que máis nos gustou foi a Sala Nautilus, alí estaban os peixes de maior tamaño como os tiburóns!!! tamén vimos xurelos, xardas, polbos, langostas, centolos, douradas, meros, robalizas, corvinas…

Ata acariñamos ás estrelas de mar!! 

Por culpa do tempo non puidemos ver ás focas así que ESTAMOS DESEXANDO VOLVER DE EXCURSIÓN!

 

 

Ata a próxima semana :)

8 M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Bo día familias,

Hoxe conmemórase o 8 M (Día Internacional da Muller) e parar elo dende a Educación Infantil fixemos a nosa propia versión dun videoclip da canción "Na miña pel" da artista Lucía Pérez; nela fala das mulleres que leva baixo a súa pel e que ao longo dos anos foron formando a súa personalidade.

Con este traballo queremos reivindicar o gran valor das mulleres que cada unha de nós leva dentro;mulleres que din que no, mulleres que aprenden, mulleres que soñan, mulleres que loitan,...mulleres que tamén teñen medo pero que non se deixan vencer por el.

Sexamos a muller que sexamos... temos que loitar polos nosos dereitos!

Nós cremos que entre TODAS e TODOS podemos conseguilo.

Velaquí o noso videoclip! agardamos que vos guste.

 

VISITA DO IES ROSALÍA MERA

Ola de novo familias!

Esta semana, como non podía ser doutra forma, vimos cargados de cousas novas.

O xoves, tivemos a visita do alumnado de FP de carpintería do IES Rolasía Mera; os cales nos están creando o moble para un dos espazos dos ambientes de aprendizaxe,estes trouxéronnos pezas de madeira coas que fixemos un boneco moi chulo; primeiro compuxémolo e logo personalizámolo coa nosa foto, ademais de pintalo cada un ao seu gusto.

Para agradecerlles ese detalle nós convidámolos a un batido que fixemos con fresas, plátano e leite. A verdade é que nos saíu moi rico!

Agardamos que se fosen tan contentos como nós quedamos con eles.

O venres, comezamos a falar da nosa visita á casa dos peixes; para elo representamos seres mariños sobre papel de aluminio, pola cara brillante do papel pintamos con témperas e pola outra con rotuladores.

Velaquí as nosas obras de arte!!

Por último, tamén comezamos a preparar a actividade que imos empregar para conmemorar o Día Internacional da muller.

Pero non vos podemos adiantar nada, é unha sorpresa!!

Agardamos que pasedes unha boa fin de semana.

Ata a próxima!

UN ENTROIDO DE CONTO

Familias, velaquí o festival do noso Entroido.

Esperamos que disfrutedes moito das actuacións, aínda que somos conscientes de que non é o mesmo que vivilo no colexio connosco.

Oxalá pronto poidamos gozar dos festivais xuntos.

Para rematar, a nosa adaptación da canción " Terra" das Tanxugueiras.

A Terra do Xestal: queixas ao Entroido.

 

Vémonos á volta das vacacións...gozade do Entroido.

ENTROIDO

 

Benvidos/as de novo!!!

Estivemos un tempiño ausentes pero foi por un bo motivo:

 A PREPARACIÓN DO ENTROIDO!

 

Esta semana gozamos un montón con tanta festa.

O mércores fixemos unhas filloas deliciosas, o noso postre máis típico pos estas datas :)

Entre todos botamos os ingredientes (adaptando un pouquiño a receita), remexemos e a DESGUSTAR ESTA DELICIA!

 

  

 

O xoves tivemos a visita de Moc-Moc que nos trouxo un espectáculo co que o pasamos xenial!

 

 

 

 

 

 

Ademais, viñemos disfrazados da casa, todos e todas guapísimos/as!!!

 

 

 

 

 

O venres chegou o gran día

O FESTIVAL DE ENTROIDO

Este ano a temática eran os contos e nós como estamos traballando o proxecto do mar decidimos disfrazarnos de Vaiana, a Sirenita, Buscando a Nemo e Daniela pirata.

Fixemos unha actuación para mostrar os nosos disfraces e encantóunos ver aos demais compañeiros/as do cole.

Pasámolo xenial.

MIRADE QUE GUAPOS

 

 

 

 


 

Nos próximos días poderedes ver o festival na páxina web do centro.

Gozade do entroido!!

Ata a volta :)

XORNADA DE PORTAS ABERTAS!

Distribuir contido


by Dr. Radut