Skip to Content

Reunión das titorías da ESO

Mañá martes 14 de setembro ás 11:00 terán lugar as reunións das titorías coas familias.
Estas terán que ir subindo ás respectivas aulas respectando as normas de hixiene e as distancias entre o grupo. Haberá unha persoa encargada de indicar a aula que corresponde e axudar en todo o posible.

Lembramos que o primeiro día lectivo para a ESO será o mércores 15 de setembro

Un saúdo e benvidos ao novo curso.

Quen dixo que os nenos e nenas non teñen dereito a participar en asuntos dos maiores?

Como ben sabedes, este fin de curso foi un pouco atípico. En lugar de estar enfrascados nunha festa de remate de ano académico, atopámonos buscando a maneira de plantarlle cara a Iberdrola para que non leve a cabo o seu proxecto de implantar un parque eólico na Pena do Corvo, en Monfero. 

 
Dende que algúns alumnos e alumnas de segundo e cuarto de primaria comunicaron os seus temores de que isto sucedera tratouse de que coñeceran o que é a enerxía eólica, os seus pros e contras e vimos que, de principio, o lugar onde os queren colocar non é o axeitado xa que actuaría negativamente nas Fragas do Eume, na conservación da súa fauna e flora; a outros niveles tamén, ao estar situados nunha zona poboada, crearían uns problemas que nos privarían do turismo e quizais influiría nun novo abandono do rural.
 
 Visto isto, o alumnado púxose mans á obra e apoiados polo colexio, recolléronse alegacións que se entregaron á plataforma MONFERO DI NON; fixeron carteis que permanecen pendurados na verxa do colexio..., mais estaban un pouco defraudados porque eles non podían asinar esos documentos que os adultos dicían que era tan importante presentar. Que máis poderían facer? Pois quizá enviar algunha carta? A quen? Pois afiando os lápices puxéronse a redactar unha carta para enviar a distintos ministerios pedindo que o ministro/a correspondente actuara no nome deles e defendera a súa petición.
 
 As cartas foron enviadas a varios ministerios. Sabemos xa que en casi todas as institucións ás que ían dirixidas as recibiron pero aínda non responderon. Quen sí o fixo foi María Teresa Ribera, a Ministra para a transición enerxética e reto demográfico... xusto a que ten nas súas mans a paralización ou non deste proxecto. 
 
No archivo adxunto podedes ler a resposta á carta do alumnado de 2º e 4º de EP.
 
 Quen di que os nenos e as nenas non poden facer nada polo seu pobo? Polo de pronto, a ministra xa sabe onde estamos, sabe canto mide o Parque Natural das Fragas do Eume e a súa importancia a nivel europeo... Esperemos que tome conciencia do paraíso que se pode estragar e sexa no consello de ministros a voz dos nenos e nenas que queren un futuro digno para as súas familias e os seus veciños.
 

PRAZOS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

CURSO 2021/2022

PRAZOS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO CURSO 2020/2021

22/06/2021 (Data límite)

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DAS MATERIAS PENDENTES 2020/2021 (ESO)

07/09/2021 

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS

 09/07/2021 

RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS

ATA O 13/07/2021 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS 3º E 4º EP

 20/07/2021 

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS 3º E 4º ESO

 13/09/2021 

ENTREGA DOS LIBROS AO ALUMNADO 3º E 4º EP

23/07/21 entre as 10:30 e as 12:30 na administración do centro. Os/as que non podan vir nesta data esperarán ata o luns 6/09/21, no mesmo horario e lugar.

ENTREGA DOS LIBROS AO ALUMNADO DE 3º E 4º ESO

PRIMEIRO DÍA LECTIVO: 15/09/21

ENTREGA DOS VALES

EDUCACIÓN PRIMARIA: a partires do 1/7/21

ESO, matrícula en xuño: a partires do 9/7/21

ESO, matrícula en setembro: a partires do 13/9/21

     

AVISO (13/9/21)

Informamos de que xa temos as listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto para 3º e 4º da ESO. Este ano  todo o alumnado recibirá a totalidade dos libros que necesita, tanto en 3º como en 4º da ESO (salvo un/ha alumno/a  que xa foi avisado/a individualmente).
Os libros repartirasen o primeiro día de clase ao alumnado.

Exames de setembro 2021

 

Exames de setembro 2021

 

Data

Materia

Hora

Lugar

Mércores 1/9/21

Xeografía e Historia

09:00- 10:00

AULA 1º ESO

 

Tecnoloxía

10:00- 11:00

Física e Química

11:00- 12:00

Bioloxía e Xeoloxía

12:00- 13:00

Inglés

13:00- 14:00

EPVA

14:00- 15:00

Xoves 2/9/21

Matemáticas

09:00- 10:00

Lingua Castelá

10:00- 11:00

Francés / Lingua Castelá pendente

11:00- 12:00

Lingua Galega

12:00- 13:00

Música/ Obradoiro musical

13:00- 14:00

Cultura Clásica

14:00- 15:00

Valores Éticos

15:00- 16:00

 

Graffiti de Iria Fafián

Nesta semana o alumnado de 4º da ESO tivo a sorte de recibir unha clase maxistral de graffiti da man de Iria Fafián, unha ilustradora nada en Cataluña e crecida en Galicia.

Tres días foi o que esta artista e máis a súa alumna en prácticas necesitaron para poñer en marcha o proxecto que foi organizado a través do departamento de Plástica.

O que comezou por un pequeno bosquexo nun papel  acabou converténdose nun mural marabilloso co que todos e todas quedaron encantados.

Os rapaces e rapazas de 4º ESO puideron observar e participar no deseño dende o primeiro momento. Aprenderon cousas tan cruciais no graffiti como a imprimación, a complexidade dos trazos e, por suposto, os detalles finais. Ver a evolución do debuxo foi impresionante ! É todo un orgullo para nós poder ter unha obra de arte na porta do noso cole.

 

Retratos con libro

Un ano máis a comunidade educativa sumouse á iniciativa de facerse un "retrato con libro". Aquí podedes ver todas as aportacións:

Axudas para libros de texto e material escolar

A Consellería de Educación convoca o fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.

1. No fondo solidario de libros de texto poderá participar o alumnado matriculado* en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2020/21.
2. Nas axudas para adquirir libros de texto poderá participar alumnado matriculado* en 1º e 2º de EP.
3. Nas axudas para adquirir material escolar poderá participar o alumnado matriculado* en EP, ESO e EE.

*Matriculado no ano académico 2021-2022

A asignación de libros farase:
a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

Obrigas das persoas beneficiarias:
1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2020/21.
Está excluído desta obriga o alumnado beneficiario de axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, sempre que os libros ou o material adquirido non se poidan reutilizar.
A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2021/22 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso.
3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 22 de xuño de 2021.
As solicitudes poden taramitarse dende https://sede.xunta.es co procedemento ED330B.
Máis información no DOG do 20 de maio de 2021 e en https://www.edu.xunta.es/fondolibros

Descarga dos Anexos I e II

 

CARREIRA SOLIDARIA

O pasado xoves 8 de abril celebrouse, un ano máis, a carreira solidaria organizada por Save the Children. Este ano, o alumnado e o profesorado correu polos dereitos dos nenos e nenas da República Democrática do Congo.
Non vos perdades esta marabillosa experiencia, que sen dúbida, repetiremos o vindeiro curso escolar.
 

 Na carreira recadamos 875,52€, e Save the Children enviounos este diploma de agradecemento:

SOLICITUDE DE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

Destinatarios:

  •  Alumnadode nova incorporación que solicita praza no noso centro.

 Prazo:

  •  O prazo de presentación de solicitudes de admisión abrangue dende o día 1 ao 22 de marzo, ámbolos dous inclusive.

 Solicitude:

  •  Será única e presentarase por medios telemáticos ou ben, na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar.
  • Preme no logo do proceso de admisión para accederes á aplicación informática de admisión.
  • A través da sede electrónica co código de procedemento ED550B.
  • Para accederes ao modelo, preme aquí.

 Proceso de admisión

 

 

 

 

  Vacantes:

  •  Expostas no centro.

 Listaxe provisional:

  •  Antes do 25 de abril, será publicada no taboleiro de novas a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso.
    • Por mor da protección de datos, non será facilitada información algunha telefónicamente.

 Listaxe definitiva:

  • Antes do 15 de maio no seu taboleiro de anuncios a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso.

 

EDUCACIÓN INFANTIL. Vídeo de presentación da etapa

O periodo de presentación da solicitude de admisión para o curso 2021/22 será desde o 1 ata o 20 de Marzo.

 Este ano, por motivo da pandemia, non podemos celebrar unha xornada de portas abertas e contar coa vosa presencia nin ca presencia dos peques tal e como nos gustaría.

 Aínda así, non queremos que vos quededes sen coñecer o cole e sen ver un anaco do noso mundo e de como traballamos en Educación Infantil.

 Aquí tedes un vídeo que resume un pouquiño a nosa metodoloxía e forma de traballar.

Para nós o principal é que os nenos e nenas veñan ao cole contentos e creando un clima de afecto e confianza.

 

 

Estamos desexando coñecervos!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut