Skip to Content

Avisos e novas

Últimas novas

ADIADO O INICIO DE CURSO NA ESO

 O inicio de curso en secundaria foi adiado ao 23 de setembro. Como estaba previsto, o inicio das clases será escalonado, quedando do seguinte xeito:

 23 de setembro: 1º e 2º de ESO

 24 de setembro: 3º de ESO

 25 de setembro: 4º de ESO

 Lembramos que mañá martes 15 de setembro terán lugar as reunións informativas cas familias da ESO.

 

REUNIÓNS DAS FAMILIAS DA ESO

Estimadas familias:
Debido ás especiais circunstancias deste comezo de curso imos celebrar as reunións informativas coas familias antes do comezo das clases. Levaranse a cabo o martes 15 de setembro, na aula de Usos Múltiples e de xeito secuenciado segundo o seguinte horario:
1ºESO: 10.00
2ºESO: 11.00
3ºESO: 12:00
4ºESO: 13.00.
Para poder cumprir coas normas de seguridade vixentes, asistirá un único membro por familia, sen nenos, con máscara  e agardando  a ser chamados pola titora na zona do patio da do edificio da ESO.
Saúdos,
A dirección

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDOLIBROS NA ESO

Informamos que tedes exposta na entrada de administración a listaxe definitiva do reparto de Fondolibros para 3º e 4º. Tamén se poden consultar a través da aplicación Fondolibros usando un cerificado dixital. Debido á Lei de protección de datos non se poden publicar na web nin informar por tetéfono.

No caso do préstamo de libros que fai o centro en 1º e 2º de ESO tamén tedes exposta a listaxe do reparto.

Respecto a 1º de ESO podemos informar que todo o alumnado matriculado antes do 10-9-20 recibirá os libros de Xeografía e historia, Lingua Galega, Lingua Castelá e Inglés.

Os libros entregaranse ao alumnado o primeiro día de clase.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS E REUNIÓNS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Un ano máis, estamos a piques de comezar un novo curso escolar. O curso 2020/2021 estará marcado por unha nova normalidade á que debemos atender, e así o faremos. Será un esforzo compartido en comunidade, como xa estamos acostumados e acostumadas a facer, porque se algo temos e demostramos é que ante os retos sumamos forzas e superamos barreiras.

  Desta forma, o noso principal obxectivo neste curso será, coma sempre, o benestar do noso alumnado: nenos e nenas, rapaces e rapazas que necesitan de normalidade e de seguridade para desenvolver ao máximo as súas potencialidades.

  Así, previsiblemente, arrancaremos o curso a partir do vindeiro día 10 de setembro nas etapas de Ed. Infantil e Primaria e a partir do día 16 na etapa de Secundaria.

  Nos meses previos a este comezo de curso, no centro estivemos a traballar para que todo estea preparado coas máximas garantías de seguridade.  Adaptamos espazos, materiais, recursos e tempos, atendendo sempre ás indicacións institucionais, en especial ás establecidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, tanto no borrador de protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 como nas diferentes instrucións publicadas ata o momento.

  Dende o centro educativo queremos transmitir confianza. A mesma será posible se entre todas as persoas que formamos a comunidade somos quen de cumprir unhas sinxelas normas de seguridade que veñen determinadas polas autoridades sanitarias.

 Pola nosa parte iredes recibindo cumprida información de todas elas e das nosas actuacións. Para isto empregaremos os seguintes medios:

 -           Páxina web do centro

 -           Aplicación AbalarMóbil

 -           Titorías telefónicas ou por videochamada

  Ademais debido a estas especiais circunstancias imos celebrar reunións informativas cas familias antes do comezo das clases. As de Educación Primaria levaranse a cabo no seguinte horario:

 Martes 8:

 1º de EP:  10:00

  de EP: 11:00

 3º de EP: 12:00

 4º de EP:  13:00

 Mércores 9:

 5º 6º  de  EP: 10:00

 A ditas reunións terá que asistir un único membro por familia, sen nenos, con máscara e esperar fóra do edificio de Primaria a ser chamados pola titora para cumplir cas medidas preventivas.

 As reunións da ESO serán na semana do 14 de setembro e enviarse por AbalarMóbil a convocatoria e publicarase na páxina web.

 Por último aclaramos que a través da aplicación AbalarMóbil veredes a vosos fillos e fillas aínda no curso pasado porque ata o 9 de setembro a Consellería non fai o paso ao novo curso.

  Un agarimoso saúdo,

 O Equipo directivo

 

RECOLLIDA DE VALES E LIBROS

Estimadas familias: Lembrámosvos que os vales de Fondolibros e material do alumnado de primaria e o da ESO que xa fixo a matrícula, están na administración á vosa disposición. Pódense recoller en horario de 9:00 a 14:00.

Por outra banda a entrega dos libros do alumnado de 3º e 4º de primaria farase este venres 4 de setembro en horario de 11:00 a 13:00 en converxería (porta de acceso de primaria). Se alguén non pode acudir neste horario deberá chamar ao centro para concertar unha cita.

A entrega de libros da ESO farase o primeiro día de clase. As listaxes definitivas ca asignación dos libros estará a partires do 10 de setembro.

Para calquera dos trámites virá ao centro unha soa persoa. No caso de que se forme cola esperarán fóra do edificio.

Moitas grazas,

A dirección

 

CALENDARIO DE EXAMES AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA. SETEMBRO 2020

 CALENDARIO DE EXAMES AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA. SETEMBRO 2020.

 

Data

Materia

Hora

Lugar

Martes 1/9/20

Xeografía e Historia

09:00- 10:00

AULA 1º ESO

Tecnoloxía

10:00- 11:00

AULA 1º ESO

Física e Química

11:00- 12:00

AULA 1º ESO

Bioloxía e Xeoloxía

12:00- 13:00

AULA 1º ESO

EF

13:00- 14:00

AULA 1º ESO

EPVA

14:00- 15:00

AULA 1º ESO

Mércores 2/9/20

Inglés

09:00- 10:00

AULA 1º ESO

Matemáticas.

10:00- 11:00

AULA 1º ESO

Lingua Castelá

11:00- 12:00

AULA 1º ESO

Lingua Galega.

12:00- 13:00

AULA 1º ESO

Francés

13:00- 14:00

AULA 1º ESO

Música

14:00- 15:00

AULA 1º ESO

Cultura Clásica

15:00- 16:00

AULA 1º ESO

 

 

 

RECOLLIDA DE VALES DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR ALUMNADO PRIMARIA

 Informamos que xa se poden recoller os vales de libros e de material escolar do alumnado de Educación Primaria.

 Para recoller os vales é requisito imprescindible ter feita a matrícula do próximo curso ou ter entregado os formularios de recollida de datos (aportando unha foto) e a solicitude do comedor escolar.

A VOZ DO XESTAL

Presentámosvos o novo xornal do CPIP Virxe da Cela, "A Voz do Xestal". A pesares da situación actual (suspensión de clases COVID-19), grazas especialmente ao empeño de Laura Ferro (coordinadora do proxecto), e por suposto co traballo previo realizado por docentes e alumnos/as, este xornal en lingua galega saíu adiante para deixar constancia dalgunhas das actividades que se levaron a cabo no presente curso no noso centro educativo.
 
 

PRAZOS de AXUDAS e FONDOLIBROS 2020/21

 PRAZOS de AXUDAS e FONDOLIBROS 2020/21

 Presentación de solicitudes do alumnado: do 20 de maio ao 19 de xuño.

 Presentación de solicitudes do alumnado trasladado desde centros de fóra de Galicia ou privados non concertados: Un mes desde a matrícula ata o 31.03.2021

 Devolución dos libros do curso 2019/20: Ata o 7 de xullo de 2020.

 Devolución dos libros das materias pendentes de ESO: Ata o 7 de setembro de 2020.

 Publicación listaxes provisionais (EP e ESO): o 13 de xullo de 2020.

 Prazo de reclamacións: do 14 ao 16 de xullo de 2020.

 Publicación listaxes definitivas:

 – De EP (3º, 4º, 5º e 6º): o 20 de xullo de 2020.

 – De ESO (1º, 2º, 3º e 4º): o 13 de setembro de 2020.

 

Entrega de notas da ESO

O vindeiro martes  23 de xuño entregaranse as notas da ESO de xeito presencial para ao alumnado que así o desexe. Ás 12:00 horas o alumnado pasará á súa aula co seu titor ou titora coidando de manter as distancias de seguridade. Por este motivo, a entrega das notas ao alumnado de 3º de ESO realizarase no taller de Tecnoloxía. Xunto coas notas entregarase o sobre de matrícula para o curso que vén, listaxes de libros e a documentación pertinente en cada caso.

A partir das 13:00 horas as notas e resto da documentación estarán en conserxería a disposición das familias de quen non asistiu ás 12:00. De non poder acudir o día 23 nesas franxas horarias, deberase concertar unha cita para máis adiante. Na aplicación Abalar poderanse ver as notas a partires do mesmo martes 23 ás 13:00

Ese mesmo día farase a devolución dos libros emprestados polo centro e pola Biblioteca, así como os de Fondolibros. Atendendo á normativa vixente, lembramos que de non devolver todos os emprestados por Fondolibros quedarán excluídos para as vindeiras solicitudes.

No caso do alumnado de 2º ESO sen materias para setembro, entregaranse tamén os portátiles Abalar xunto co documento de devolución asinado. Lembramos que tamén farán entrega dos equipos prestados pola Consellería por mor do COVID19 aquelas alumnas que os recibiran.

As normas de acceso ao centro son:

 - Manter en todo momento a distancia de seguridade.

 - Uso de mascarilla dentro do Centro.

 - Na entrada botar xel hidroalcohólico nas mans.

Distribuir contido


by Dr. Radut