O venres 17 de xuño celebramos a graduación do alumnado de 4º ESO. Un acto cargado de emoción en compañía das familias, profesorado, compañeiros, representantes dos Concellos e Anpa.
Despois de varias semanas de traballo intenso, exames, estrés, chegou o momento máis desexado: o final de curso. E para o alumnado de 4º da ESO esta foi a derradeira xornada no CPI Virxe da Cela, despois de trece anos compartindo aula e pupitre... Ante estes marabillosos rapaces e rapazas preséntase unha nova etapa na vida, noutro centro educativo. Botaremos en falta os vosos sorrisos e a vosa alegría, e vos desexamos o mellor. E xa sabes...non dubidedes en pasarvos polo noso e o voso "cole" a facernos unha visita. Sempre será a vosa casa.
Toda a comunidade educativa desexámosvos o mellor para o camiño que empezades agora.
A publicación da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia fixo necesaria a actualización da concreción curricular nos aspectos de promoción e titulación. Premendo no seguinte enlace poderedes acceder aos cambios no noso centro:
O alumnado de 6º de educación primaria, alentado pola súa titora Cristina Lage, tras varias sesións de traballo vinculado á participación no programa "Semana do Parlamento na Escola", acadou o seu obxectivo: entrevistar en persoa ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Esta entrevista radiofónica tivo lugar o venres 4 de febreiro de 2022, e está enmarcada dentro do proxecto de radio escolar "Radio Xesteira".
Tomando como punto de partida a importancia das nosas institucións e, en concreto, sobre o importante papel do Parlamento, saíron varias cuestións de relevancia, contestadas con cercanía e con familiaridade por parte do noso Presidente.
Así, Núñez Feijóo destacou a importancia e a impronta do mundo rural, destacando que “o rural é unha escola por si mesmo, unha escola de aprendizaxe permanente“ por e para a vida. Ademais destacou que nel se conxugan os valores e a cultura do esforzo e da superación.
Tamén deu o seu respaldo á escola rural, ao entender que a mesma esta apegada ao medio, ofrecendo múltiples posibilidades de futuro ao seu alumnado, sendo unha escola pública cercana, emocional e de calidade.
Despois da entrevista Núñez Feijóo percorreu distintos espazos do centro e tivo oprtunidade de coñecer os proxectos nos que participa o noso centro.
Un ano máis chegan as festas do Nadal e como sempre, preparamos moitas sorpresas.
Este ano tivemos a ilusión de poder xuntarnos o profesorado e alumnado de EI e EP para celebrar esta festividade con moita música, baile e diversión. Esperamos que para o próximo ano poidamos reunirnos tamén coas familias e gozar destes marabillosos momentos.
Dende o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, desexámosvos que teñades unhas felices festas e un próspero ano novo.
Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra hoxe 25 de novembro, o alumnado dos centros escolares CPI As Mirandas de Ares e CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, realizaron un vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a sociedade en xeral, sobre esta data.
Desde os nosos centros adherímonos pois, a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de xénero, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e as súas familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e a convivencia que todas e todos queremos.
O martes 23 de novembro de 2021 celébranse no noso centro as votacións das eleccións ó Consello Escolar de todos os sectores.
Os pais, nais, titores e titoras do alumnado votarán en horario de 15:30 ata as 17:00. A mesa electoral estará situada na entrada de administración (fronte a porta peatonal). Recordamos que poden votar o pai e máis a nai ou titor e titora legal de cada alumno/a.
Ano tras ano o alumnado e familias do CPI Virxe da Cela realizan cabazas máis sofisticadas! A vísperas de celebrar o Magosto e Samaín no noso centro podemos ver a grande variedade de propostas na decoración de cabazas! Se pasades polo corredor xusto diante da Biblioteca Escolar quedaredes abraiados coa variedade e colorido, nesta actividade que forma parte da dinamización da biblioteca.
Nesta publicación podedes ver as cabazas unha a unha: