Skip to Content

Saúdos dende Tenerife

O alumnado de 3º e 4º da ESO está en Tenerífe ca viaxe de fin de etapa, dende alí envíannos saúdos e algunhas fotos para compartir:

 

 

 

O noso alumnado visita a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela

O alumnado de 5º e 6º de primaria explica en Ciencias da Educación a súa experiencia na utilización das tecnoloxías como recurso de aprendizaxe

 

 Aquí vos deixamos  reportaxe fotográfica da xornada

 

               

 

A VAQUIÑA POLO QUE VALE

 

Logo gañador, autora: Alba Rodríguez Purriños

 

Este ano temos no centro un proxecto interdiscilinar sobre a vaca e o leite, o seu título éA Vaquiña polo que Vale.

Toda  a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela participa no mesmo dun xeito ou doutro. Este proxecto xurde da colaboración  ca Universidade da Coruña e as ongs  Solidariedade Internacional Cooperación Galega co obxectivo de analizar como introducir o paradigma da Dimensión Global da Educación para o Desenvolvemento de xeito transversal nas nosas materias e asignaturas.

Desde a asignatura de Educación Plástica estivemos traballando como darlle visivilidade ao proxecto e levamos a cabo dúas propostas a primeira foi o deseño dun logotipo para o proxecto e a segunda foi un traballo de creatividade partindo da mesma silueta dunha vaca, cada alumno do noso centro desde Infantil a 4º de ESO fixo a súa proposta.

Aquí podedes ver uns vídeos cos traballos que fixeron os nosos nenos:

 

 

 

 

 

CAMBIO DE XORNADA

Informamos de que iníciase o proceso de votación do sector de pais, nais ou titores legais para o cambio de xornada de partida (que temos agora) a xornada mixta, segundo a Orde de 29 de maio de 2008 (DOG nº 109, 6 de xuño de 2008).

Informamos da proposta de actividades extraescolares para o curso que ven:

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA O CURSO 2017/18

 

SEN CAMBIO DE HORARIO

LUNS

MARTES

MÉRCOLES

XOVES

VENRES

PATINAXE

BADMINTON

FUTBOL SALA

 

PSICOMOTRICIDADE

INICIACIÓN ATLETISMO

 

PROPOSTA HORARIO NOVO

LUNS

MARTES

MÉRCOLES

XOVES

VENRES

PATINAXE/

BADMINTON

FUTBOL SALA/

PSICOMOTRICIDADE

FUTBOL SALA

9-12 ANOS

FUTBOL SALA

13-16 ANOS

INICIACIÓN HABILIDADES

ATLETISMO

 

PISCINA

Dependendo de como transcorran as actividades pódense facer cambios cada trimestre, incorporando outras modalidades como mini-basket, orientación, voleibol, etc. No último trimestre pódense facer algunhas competicións como de fútbol sala 3x3, tenis de mesa, xadrez, etc.

 

Tamén, no taboeiro da entrada de administración, atópanse as listaxes do censo para a súa consulta e corrección de erros, de ser o caso.

A proposta de cambio de xornada é a mesma que se fixo o curso pasado, sería para reducir o horario os mércores, xoves e venres, nos que o alumnado salería ás 15:35 horas (55 minutos antes). Os luns e martes o horario de entrada e saída sería o mesmo que agora. Estes cambios non afectarían aos servizos de comedor e transporte, que seguirían funcionando cos cambios de horario pertinentes.

Así mesmo,  informamos que o venres 21 de abril haberá a votación do sector de pais, nais ou titores legais para aprobar este cambio na xornada. O mércores 19 de abril faremos unha reunión informativa.

Saúdos,

 

A dirección

Virxe da Cela, único colexio galego seleccionado para un programa de impresión en 3D

 

Quen pense que só os colexios urbanos garanten unha educación óptima en novas tecnoloxías deberían darse unha volta polo colexio rural Virxe dá Cela. Este pequeno centro escolar que agrupa ao alumnado de Irixoa e Monfero é un exemplo de como educar á última ás novas xeracións e contribuír ao tempo para fixar poboación nunhas aldeas moi castigadas polo envellecemento da poboación e o éxodo das últimas décadas.

O centro recibiu varios premios polo traballo en programación e robótica dos seus alumnos e desde hai uns días dispón dunha impresora 3D grazas a Ayuda en Acción e a empresa Ricoh. É o único colexio en Galicia que foi seleccionado para participar no programa de apoio á infancia Aquí tamén, que ten por reto "romper a fenda dixital" e garantir a igualdade de oportunidades no rural, como resume a coordinadora da ONG Beatriz Varela.
Ayuda en Acción seleccionou once centros en toda España para levar a impresión 3D ás aulas en colaboración con Ricoh, cuxos traballadores realizan donativos desde hai anos para facilitar material punteiro ás escolas que non teñen acceso ás mesmas oportunidades que os urbanos. "O centro meréceo, leva a cabo moitas iniciativas", incidían onte desde Ayuda en Acción. Esta ONG e Google colaboraron xa co Virxe dá Cela a través do programa Xenios, que lle valeu aos alumnos e ao seu profesor de Scratch o primeiro premio do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia polo seu traballo de programación en torno ao camiño de Santiago.

A implicación do profesorado deste centro foi clave para involucrar aos pequenos de Virxe dá Cela en diversos proxectos de innovación tecnolóxica. A directora, Camiño Pereiro, agradecía onte a colaboración de Ayuda en Acción e Ricoh e celebraba o "enorme privilexio" que supón dispoñer dunha impresora 3D para desenvolver a competencia dixital do alumnado. "Como non se crean capaces agora de facer de todo cárgomos", bromeaba onte a directora dun colexio que combate desde hai anos a caída do alumnado co deseño de actividades que dean un "valor engadido" ao centro e contribúan a manter vivo o rural. Un esforzo que asumen tamén os pequenos, que formaron unha asociación en defensa das súas aldeas.

Distribuir contido


by Dr. Radut