VISITA AO RESTAURANTE “CASA SOLLA” DO COCIÑEIRO PEPE SOLLA (unha estrela Michelín)
PROGAMA "EDUMOTIVA". 22 DE XUNIO DE 2017
Os alumnos/as de 1º e 2º de ESO, xunto coas profesoras Mª Jesús Puchares do Departamento de Orientación e Mª Teresa Blanco profesora de E.Física e Promoción de Hábitos saudables de Secundaria, fumos a visitar este día 22 de Xunio de 2017, o Restaurante “Casa Solla” en Poio, do prestixioso e galardonado cociñeiro Pepe Solla, que ten concedida unha estrela Michelín.
A visita foi solicitada e organizada polo Departamento de E.Física, a través da súa profesora, enmarcada na programación da asignatura de Promoción de Hábitos saudables dentro do programa “Edumotiva”, que organiza e coordina a Xunta de Galicia, e que trata de achegar persoas importantes e destacadas de diferentes ámbitos e profesións (Deportes, ciencia, restauración, investigación, etc..) da comunidade galega, o alumnado, para mostrarles o seu traballo, traxectoria e logros e motivar así, os alumnos, dandolles ademáis a fantástica oportunidade de acceder a elas e os seus coñecemntos, que de outra forma, sería menos doado.
O noso centro, neste caso, tivo o privilexio, este ano de ser seleccionado para esta visita-obradoiro, entre numerosos centros de Galicia .
A visita ( de 10 a 11:30) consisteu nunha charla-coloquio con Pepe Solla sobre a súa vida, e traxectoria profesional, ata chegar a donde está e a obtención da estrala Michelín, e unha visita guiada polo seu restaurante da súa man, coñecendo todos os aspectos que moven o funcionamento dun restaurante de alta cociña e as partes de que está composto, así como a posibilidade de ver de primeira man o funcionamento real, xa que puidemos ver a preparación dos pratos para o menú do día,e o traballo de todo o seu persoal, a súa coordinación, profesionalidade e eficiencia.
Temos que sinalar, que se mostrou unha persoa dunha gran calidade humna, moi cercana e afable que nos atendeu moi ben, e cun grande sentido cívico e ecolóxico, no plantexamento do seu negocio contestando ademáis, a tódalas preguntas que lle fixeron os rapaces/as. E moi importante sinalar tamén, o que lle remarcou os rapaces con respecto os productos da terra, a súa valoración a boa elaboración e traballo ,a calidade e a adquisición deles a través de a mayoría de productores locales. O noso sinxelo agradecemento.
Os nosos nenos/as, comportáronse estupendamente, sendo moi participativos e facéndolle preguntas moi interesantes; así que coidamos que a visita foi positiva e moi constructiva, dado o interese que a maioría mostrou.
Rematamos a xornada, con unhas horas de lecer en San Xenxo e a súa Praia de Silgar, que tamén o merecían os nenos. Voltamos sobre as 16:00 o centro, despois dun día moi gratificante.
Finalmente o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) entregou os galardóns da segunda convocatoria do seu Concurso de Scratch Aprendo programdo, unha iniciativa dirixida a fomentar nos escolares o interese polo desenvolvemento informático, ou sexa, por construír coas súas propias mans a Sociedade do Coñecemento botando man da ferramenta Scratch.
O certame tivo como temática, para nesta segunda edición, “convivir en igualdade” e estivo patrocinado por El Corte Inglés e Alvarellos Editora.
O acto estivo presidido por Marcos Mata, presidente do CPETIG; Maximino Tuñas, responsable de Sistemas de Información El Corte Inglés Santiago; e Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora.
Así, o xurado do II Concurso de Scratch Aprendo Programando, emitiu o seguinte fallo:
Na categoría de primaria, o 1º premio recaeu no proxecto Farm Adventure do grupo Os5imparablesdo centro CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA baixo a supervisión de Camino Pereiro González. e o 2º premio no Proxecto As inventoras do grupo gijasaed do centro CEIP SAN MARTIÑO baixo a supervisión de Ángeles Martín Méndez
En canto á categoría de secundaria, o 1º premio acadouno o Proxecto Convivir no Mestre Landin do grupo MLprogramers do centro IES MESTRE LANDIN baixo a supervisión de Héber Jaime García Fernández e o segundo premio foi para o proxecto Proxecto IgualDado do grupo 2ºESO do centro IES CARLOS CASARES baixo a supervisión de Almudena Rouco Vilar
AQUÍ PODES XOGAR CO XOGO GAÑADOR:
Un neno con diversidade funcional foi a unha granxa, pero o granxeiro non lle deixaba pasar, entón deberá respostar a unhas preguntas para poder entrar. Ao acertar as preguntas escápase unha vaca e hai que collela. Para facelo tedes que amosar canto coñecedes destes animais, así volveran á escola.
Despois de varias semanas de traballo intenso, exames, estrés, chegou o momento máis desexado: o final de curso. E para o alumnado de 4º da ESO esta foi a derradeira xornada no CPI Virxe da Cela, despois de trece anos compartindo aula e pupitre... Ante estes marabillosos rapaces e rapazas preséntase unha nova etapa na vida, noutro centro educativo. Botaremos en falta os vosos sorrisos e a vosa alegría, e vos desexamos o mellor. E xa sabes...non dubidedes en pasarvos polo noso e o voso "cole" a facernos unha visita. Sempre será a vosa casa.
Tres alumnos de primaria do noso cole xunto a súa profe Camino participan na GEN10S Party que se está a celebrar hoxe 12 de xuño en Madrid.
A GEN10S Party é un evento no que os equipos participantes mostran e comparten as súas propostas para resolver o reto de Xene1Os. En cada edición, proponse unha temática que convide os equipos participantes a reflexionar sobre a mellora dalgún aspecto da súa contorna social. A organización describirá a temática e engadirá un conxunto de restricións para dar complexidade ao reto.
A temática deste ano 2017 é: A loita contra o traballo infantil e o reto programar unha historia, unha historia interactiva, un videoxogo ou unha aplicación na que se aborde a problemática dos nenos e nenas que son obrigados a traballar (no campo, nunha fábrica, etc.)
A xornada concluirá con talleres de innovación tecnolóxica dirixidos aos nenos e nenas participantes.
Moita sorte aos rapaces do noso cole e a súa profe Camino que están nestes momentos gozando da experiencia en Madrid.
O luns 22 de Maio de 2017, de 10:35 a 11:20, tivemos a charla sobre “ Igualdade a través do deporte”, enmarcada no Proxecto do mesmo nome, que leva a cabo a Xunta de Galicia e dentro das actividades previstas polo Departamento de Educación Física de Secundaria. A charla, que como sinalei, foi para todo o alumnado de Secundaría e se extendeu a 5º e 6º de Primaria, pola importancia dos valores traballados.
A Xunta, no desenvolvemento de dito programa, trata de plantexar esta campaña ensalzando a igualdade no deporte, buscando acabar cos esterotipos de deportes masculinos e femininos, xa que o deporte é saúde, educación, aprendizaxe, disciplina, hábitos, superación , esforzó…, e estes adxectivos, non entenden de sexo, pero si nos fan crecer como personas, homes e mulleres, que tanto uns coma outros, están capacitados física e psíquicamente para realizar calquer deporte, tan só se necesitan cualidades humanas: ESFORZO, TRABALLO E PAIXÓN. Valores intrínsecos, todos eles, a asignatura de Educación Física, que pretendo non solo desenvolver a través do Deporte e a Actividade Física, se non ademáis reforzar e instaurar nos nosos alumnos/as e que forman parte tamén, da propia filosofía do CPI Virxe da Cela, e do que día a día pretende lograr o conxunto do profesorado.
Así, os obxectivos que pretendía acadar a actividade foron:
-Educar en valores.
-
-Poñer en valor a muller no deporte.
-
-Enaltecer a paridade de homes e mulleres no deporte.
-
A actividade consistiu nunha charla, coa proxección dun video (dunha duración de 4 minutos, que podedes ver na páxina web do Cpi, na páxina principal ou en Departamentos-Educación física- actividades extraescolares), onde se insertaron imaxes dos éxitos deportivos das mulleres, como por exemplo:
-Final Champions League de Vero Voguete
-Final Olímpica de Teresa Portela.
-A medalla de Bronce de Begoña Fernández en London 2012
-Imaxes dos xogos olímpicos de Tamara Echegoyen.
-O Mundial de Susana Rodríguez.
Tamén, entre estas imaxes aparecen mensaxes dos mellores deportistas do mundo de esas modalidades, e que ademáis son galegos, como:
-Lucas Perez (RDC: Deportivo) e Sergio (Real Club Celta)
-- David Cal (Piragüismo, campión olímpico)
-Pablo Cacheda (internacional español)
-Antón Paz (Vela, campión olímpico)
-Javier Gómez Noya (Triatlón)
Todo o material audio-visual e carteis, podedes velos na páxina web do Cpi, e na etiqueta de Departamentos-E.Física-Actividades extraescolares.
Este Xoves 18 de Maio, todos os cursos da ESO coa profesora de E. Física Mº Teresa Blanco Martinez e o profesor de Bioloxía David Casado, e dentro das actividades extraescolares, contempladas na programación da materia de E.F, a través do Coordinador de deportes do Axuntamento de Monfero, sendo organizadas pola SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA, CONCELLARÍAS DE DEPORTES DOS CONCELLOS DE ARES E MUGARDOS, WINDSURFZONA NORTE, C.MARÍTIMO DE REDES, CNAÚTICO RÍA DE ARES, participamos nas actividades acuáticas que tiveron lugar na praia de Ares. O día 16 de Maio, tamén os alumnos de 6º de Primaria, igualmente, realizaron ditas actividades, acompañadas pola profesora de E.F
Foi non só unha xornada de práctica físico-deportiva, se non tamén de convivencia xa que demáis do noso colexio, participaron tamén: Colexio As Mirandas, Unión Mugardesa, Santiago Apóstolo, Loyola e Instituto de Mugardos.
A xornada tivo lugar na zona da praia de Ares, na contorna da Rampa Grande ( a situada enfronte á Cafetería Avenida), en horario de 10:30 a 13:30.
RESUMO DA PROPOSTA DE XORNADA:
Desenvolverase unha xornada deportiva e lúdica, na que plantexaremos nove estacións nas que participarán cada colexio na súa totalidade durante un tempo estimado de 15-20 min. E a continuación rotarase a outra estación de forma que ao final da xornada todos os participantes teñan pasado por todas as actividades propostas, a saber:
- Cachibol praia( 6º de Ed. P.) e volei praia ( 1º e 2º da ESO).
- Zona de fútbol praia.
- Zona de balonmán praia.
- Zona de balocesto na praia.
- Zona de carreiras e xogos na praia de habelencias.
O Venres 19 de Maio, no patio interior do Cpi , se levou a cabo as actividades de celebración conxunta do Día das Letras Galegas e os Maios.
As actividades foron realizadas por alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria conxuntamente, consistindo na lectura de textos, elaboración dunha alfombra e decoracións florais e a representación dunha coreografía de baile tradicional galego con unha interpretación músical, enmarcada dentro do programa Xogade , modalidade Movete+ do Plan Proxecta.
O traballo da preparación da actividade foi conxunto e interdepartamental de Infantil, Primaria e Secundaria, foi a través diversos Departamentos tales como Música, Plástica, Relixión, E.Física, Lingua, Bioloxía, etc e as Dirección e Xefaturas de primaria e secundaria, conxuntamente.