Bo día familias!
Xa estamos aquí con outro novo taller!!
Hoxe tocóunos adentrarnos no proxecto “Viaxe ao reino das emocións” que traballaremos en colaboración coa Fundación Meniños. Este proxecto permitiranos traballar a intelixencia emocional: o autocontrol, autoestima, vocabulario, as relacións sociais, a xestión emocional, a empatía e a resolución pacífica de conflictos. Como todo isto faise fundamental na etapa de Educación Infantil traballarémolo durante todo o curso escolar tanto nos talleres como de xeito individual nas nosas aulas.
Aquí vos deixamos un enlace para que lle votedes unha ollada:
Hoxe coñecemos a Draco, un dragón que ten problemas para xestionar as súas emocións e que é a mascota do proxecto. A Draco axúdalle a súa amiga Andreia, unha fada que o vai guiando para resolver as diferentes situacións que se plantexan nos contos. Vímos o primeiro conto sobre a conciencia emocional no que Draco enfadábase moito porque un amigo quítalle o seu xoguete. Entre todos fixemos unha chuvia de ideas sobre o que sentimos cando nos enfadamos e como podemos actuar para resolvelo.
Despois pasamos á ACCIÓN!!
E creamos as nosas RULETAS DAS EMOCIÓNS!! Estas ruletas terémolas nas nosas clases para xogar con elas cando estemos no rincón das emocións e axudarannos a avanzar no vocabulario que nos permita expresar o que sentimos en cada momento.
Neste enlace temos un video resumo dalgún momento do taller de hoxe. Esperamos que nos acompañeis na viaxe por este reino!!