Skip to Content

Avisos e novas

Últimas novas

Festival de Nadal

O xoves 22 de xaneiro celebrouse no centro o festival de Nadal. Un acontecemento moi especial porque despois de varios cursos volvimos a vivir reencontros e momentos moi especiais. Podedes volver a revivir ese máxico día con este vídeo que temos preparado, e para os/as que non puidéchedes vir, non o perdades!


 

O centro tamén inundouse do espírito do Nadal creando esta magnífica decoración por parte do alumnado:


Grazas un ano máis.

FELIZ ANO!

Sorteo Cesta de Nadal

Informamos que o número premiado no sorteo da cesta de Nadal, organizado para recadar fondos para a excursión á neve é o 2.861.

Parabéns aos afortunados!!

GRADUACIÓN ALUMNADO 4º ESO. 2022

 

 

 

O venres 17 de xuño celebramos a graduación do alumnado de 4º ESO. Un acto cargado de emoción en compañía das familias, profesorado, compañeiros, representantes dos Concellos e Anpa.

Despois de varias semanas de traballo intenso, exames, estrés, chegou o momento máis desexado: o final de curso. E para o alumnado de 4º da ESO esta foi a derradeira xornada no CPI Virxe da Cela, despois de trece anos compartindo aula e pupitre... Ante estes marabillosos rapaces e rapazas preséntase unha nova etapa na vida, noutro centro educativo. Botaremos en falta os vosos sorrisos e a vosa alegría, e vos desexamos o mellor. E xa sabes...non dubidedes en pasarvos polo noso e o voso "cole" a facernos unha visita. Sempre será a vosa casa.

Toda a comunidade educativa desexámosvos o mellor para o camiño que empezades agora.

 

ESPECIAL RADIOFÓNICO: ENTREVISTA CO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA

  O alumnado de 6º de educación primaria, alentado pola súa titora Cristina Lage, tras varias sesións de traballo vinculado á participación no programa "Semana do Parlamento na Escola", acadou o seu obxectivo: entrevistar en persoa ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Esta entrevista radiofónica tivo lugar o venres 4 de febreiro de 2022, e está enmarcada dentro do proxecto de radio escolar "Radio Xesteira". 

    Tomando como punto de partida a importancia das nosas institucións e, en concreto, sobre o importante papel do Parlamento,  saíron varias cuestións de relevancia, contestadas con cercanía e con familiaridade por parte do noso Presidente.

      Así, Núñez Feijóo destacou a importancia e a impronta do mundo rural,  destacando que “o rural é unha escola por si mesmo, unha escola de aprendizaxe permanente“ por e para a vida. Ademais destacou que nel se conxugan os valores e a cultura do esforzo e da superación. 
 
    Tamén deu o seu respaldo á escola rural, ao entender que a mesma esta apegada ao medio, ofrecendo múltiples posibilidades de futuro ao seu alumnado, sendo unha escola pública cercana, emocional e de calidade.
 
    Despois da entrevista Núñez Feijóo percorreu distintos espazos do centro e tivo oprtunidade de coñecer os proxectos nos que participa o noso centro.
 
 

Festival de Nadal

 

Un ano máis chegan as festas do Nadal e como sempre, preparamos moitas sorpresas.

Este ano tivemos a ilusión de poder xuntarnos o profesorado e alumnado de EI e EP para celebrar esta festividade con moita música, baile e diversión. Esperamos que para o próximo ano poidamos reunirnos tamén coas familias e gozar destes marabillosos momentos.
 
Dende o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, desexámosvos que teñades unhas felices festas e un próspero ano novo.
 
Ata pronto!!!
 

Felicitación de Nadal

 Os rapaces e rapazas de 4º de ESO vos desexan, en nome do CPI Plurilingüe Virxe da Cela, unhas Felices Festas e un mellor Aninovo.

O CPI VIRXE DA CELA E O CPI AS MIRANDAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra hoxe 25 de novembro, o  alumnado dos centros escolares CPI As Mirandas de Ares e CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, realizaron un vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a  sociedade en xeral, sobre esta data.

Desde os nosos centros adherímonos pois, a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de xénero, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e as súas familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e a convivencia que todas e todos queremos.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

O martes 23 de novembro de 2021 celébranse no noso centro as votacións das eleccións ó Consello Escolar de todos os sectores.

Os pais, nais, titores e titoras do alumnado votarán en horario de 15:30 ata as 17:00. A mesa electoral estará situada na entrada de administración (fronte a porta peatonal).  Recordamos que poden  votar o  pai e máis a nai ou titor e titora legal de cada alumno/a.

Samaín: decoración de cabazas

Ano tras ano o alumnado e familias do CPI Virxe da Cela realizan cabazas máis sofisticadas! A vísperas de celebrar o Magosto e Samaín no noso centro podemos ver a grande variedade de propostas na decoración de cabazas! Se pasades polo corredor xusto diante da Biblioteca Escolar quedaredes abraiados coa variedade e colorido, nesta actividade que forma parte da dinamización da biblioteca.

 

 

Nesta publicación podedes ver as cabazas unha a unha:
 

 

 

 

 
 
 

 

 

Reunión das titorías da ESO

Mañá martes 14 de setembro ás 11:00 terán lugar as reunións das titorías coas familias.
Estas terán que ir subindo ás respectivas aulas respectando as normas de hixiene e as distancias entre o grupo. Haberá unha persoa encargada de indicar a aula que corresponde e axudar en todo o posible.

Lembramos que o primeiro día lectivo para a ESO será o mércores 15 de setembro

Un saúdo e benvidos ao novo curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut