Skip to Content

Bono deporte

O alumnado de 2º da Ed. Primaria a 4º da ESO por estar inscrito no programa Xogade (en colaboración co Concello) pode acollerse ao Bono deporte ofertado pola Xunta.  

Dentro do Bono entra a compra de material e equipamento deportivo para o menor ou contratación de servizos relacionados coa práctica da actividade deportiva. Cada bono terá un valor de 120 e terá a consideración de bono desconto do 80 % da compra ou servizo adquirido.

Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonodeporte.gal así, como toda a información da convocatoría.

A descarga polas persoas beneficiarias será desde o 8 de xaneiro de 2024 ao 29 de febreiro de 2024.

 

 

Educar en positivo: desenvolvemento de habilidades para a vida

Achegámosvos información sobre o obradoiro titulado "Educar en positivo, desenvolvemento de habilidades para a vida" dirixido ás familias do alumnado do CPI Virxe da Cela. A primeira sesión terá lugar o martes 28 de novembro. Animádevos a participar!!

Educar en positivo: desenvolvemento de habilidades para a vida

Visita a Burgos e Atapuerca do alumnado da ESO

O alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela de Monfero tivo a oportunidade de descubrir un dos lugares máis importantes a nivel mundial en canto a estudos de evolución humana se refire. No Centro de Arqueoloxía Experimental (CAREX) e no Paleolítico Vivo, tivemos a oportunidade de familiarizarnos coa vida do Paleolítico, e mesmo tivemos a oportunidade de descubrir algunha das especies de animais que habitarían a Península Ibérica naqueles tempos.

Nos xacementos de Atapuerca e no Museo da Evolución Humana descubrimos, entre outras cousas, os restos máis antigos de homínidos que se teñen atopado ata o de agora en Europa, con unha idade de 1.300.000 anos. Para completar a viaxe, visitamos tamén a catedral de Burgos, primeira catedral gótica da Península Ibérica.

Para máis información, podedes visitar o blog do departamento de Ciencias Naturais.

 

 

RTV Enxebre pola participación infantil

Desde a Fundación Ayuda en Acción achegáronnos algunhas das reflexións e propostas que fixo o alumnado de 5º de Educación Primaria e, que queren transmitir ao conxunto da Comunidade educativa, sobre un tema que lles preocupa: a conciliación familiar.
Foron froito dun proceso de traballo de participación infantil e para levalas a cabo contaron coa colaboración de toda a comunidade educativa do centro e co apoio da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e da Fundación "la Caixa", a través da dinamización da radio escolar.
Así, esperamos que este traballo de investigación integral e de tanto esforzo por parte das nenas e nenos de 5º de EP  poda ser tomado en consideración, así como que as súas propostas e preocupacións podan ter resposta pola súa parte.

 

Carta do alumnado do CPI Virxe da Cela

CLUB DE LECTURA LARPACONTOS

Comezo das clases

 

Queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa para o novo curso escolar 2023-2024 que arrinca para todo o alumnado o día 11 de setembro de 2023.

 Imos aló!!

 

Deixámosvos a continuación información importante para o inicio de curso:

 

Reunión informativa coas familias de infantil:terá lugar o xoves 7 de setembro ás 11:30 horas na Aula de Usos Múltiples do edificio de secundaria.

 

Entrega dos libros do fondo solidario: venres 8 de setembro no seguinte horario:

  • 3º e 4º Educación Primaria: 11:30 – 12:00 horas
  • 1º e 2º Educación Secundaria: 12:00 – 12:30 horas
  • 3º e 4º Educación Secundaria: 12:30 – 13:00 horas

 

Inicio das clases: O luns 11 de setembro comezan as clases co horario habitual de setembro (entradas ás 9:45 horas e saída ás 15:30 horas, agás os martes que será ás 16:30 horas).

 

Os horarios dos grupos da ESO os colgaremos o xoves 7 na web do centro.

Os servizos complementarios de transporte e comedor comezarán o mesmo día como é habitual.

Impreso de solicitude de comedor escolar (ANEXO II. Modelo de autodeclaración)

O día 3 de xullo de 2023 publicouse a Intrucción 2/2023, da secretaría xeral técnica da consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2023-2024.

Está aberto o prazo para o precedemento de autodeclaración dos prezos públicos pola utilización do comedor. Deberán de achegar o Anexo II (documento adxunto) cumprimentado antes do 8 de agosto de 2023.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2023/24

No día 19/5/23 publicouse no DOG a convocatoria do fondo solidario de libros de texto (para alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO), das axudas para adquirir libros de texto (para alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria) e para adquirir material escolar (alumnado matriculado en Primaria ou na ESO) para o curso escolar 2023-2024.

A presentación das solicitudes farase na secretaría do centro ou, preferiblemente, a través da aplicación FondoLibros, accesible desde a seguinte ligazón:

FondoLibros

O prazo de presentación de solicitudes será do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos.

As datas de entrega dos vales e dos libros do fondo solidario, publicaranse na páxina web do centro.

Toda a información sobre o procedemento, os requisitos e as contías das axudas, nas seguintes ligazóns:

Publicación completa da orde no DOG

Anexo I e II (Formulario de solicitude)

PRAZOS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023/2024

 

CURSO 2023/2024

PRAZOS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO CURSO 2022/2023

 

21/06/2023 (Data límite)

 

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS

 

10/07/2023

 

RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS

 

Ata o 14/07/2023

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS

 

26/07/2023

ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO

 

Pendente de determinar

 

ENTREGA DOS VALES

 

A partires do 1/7/23, sempre que xa se teña formalizada a matrícula. En caso de dúbida chamar por teléfono para confirmar.

 

 

Visita a Atapuerca

 

 

 

O alumnado da ESO do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero tivo a oportunidade de descubrir un dos lugares máis importantes a nivel mundial en canto a estudos de evolución humana se refire.

 

No Centro de Arqueoloxía Experimental (CAREX), descubrimos como se fabricaron as primeiras ferramentas empregadas polos primeiros homínidos que habitaron a serra de Atapuerca, como poden ser os recoñecibles bifaces. 

 

 

 
Tamén puidemos coñecer as técnicas que empregaban para realizar as impresionantes pinturas que se poden atopar en múltiples covas da nosa xeografía e, converternos en verdadeiros cazadores do Paleolítico.
 
 

Despois de saír do CAREX, coñecemos de primeira man os impresionantes xacementos de Atapuerca de Sima del Elefante, Complejo Galería e Gran Dolina. Nestes xacementos, xunto coa famosa Sima de los Huesos, foron descubertos os restos máis antigos de homínidos atopados, ata o de agora, no continente Europeo: restos dunha especie aínda descoñecida do xénero Homo, cunha antigüidade de 1.300.000 anos. Nestes xacementos tamén se atopou, e describiu, unha nova especie de homínido, o Homo antecessor (850.000 anos), xunto con restos doutras 3 especies máis: Homo heidelbergensis ou preneandertal (500.000 anos), Homo neanderthalensis (50.000 anos) e Homo sapiens. Ademais tamén se atoparon abundantes restos de industria lítica, xunto a restos de fauna do Pleistoceno: mamuts (Mammuthus sp.), rinocerontes laúdos (Coelodonta antiquitatis), megaloceros (Megaloceros giganteus), uros (Bos primigenius), tigres dientes de sable (Homotherium latidens),  osos (Ursus deningeri), e un largo etcétera.

 

 

 

De volta á cidade de Burgos, descubrimos a espectacular catedral de Burgos, primeira catedral gótica da Península Ibérica. Aquí descubrimos algún dos segredos agochados neste fermoso templo, como o famoso Papamoscas, autómata do século XVIII e, por suposto, o sepulcro actual dos restos de Rodrigo Díaz de Vivar, o Cid Campeador. Á saída da catedral, visitamos algúns dos puntos de maior interese do casco histórico de Burgos, como o Arco de Santa María, porta medieval da antiga muralla de Burgos que alberga actualmente unha sala de exposicións, o Paseo do Espolón, a estatua do Cid Campeador ou a Ponte de San Pablo, custodiada polas impoñentes esculturas dos familiares do Cid Campeador.

 

 

 

Ó día seguintes puidemos realizar un auténtico safari polas faunas do Paleolítico xunto ás guías de Paleolítico Vivo. Este espazo natural ofrece a oportunidade de achegarnos ás faunas paleolíticas, pois aquí podemos atopar especies moi primitivas de cabalos salvaxes como son o cabalo Tarpán (Equus ferus ferus) ou o cabalo Przewalskii (Equs ferus przewalskii), o bisonte europeo (Bison bonasus), ou os uros, especie extinta no século XVII. 

 

 

 
 

 

 

Os uros son realmente unha especie obtida a partir de cruces de exemplares seleccionados de razas de bóvidos actuais, na procura das características ancestrais dos uros salvaxes prehistóricos (Bos primigenius). O resultado son estes uros que podemos descubrir no recinto de Paleolítico Vivo, que teñen as características dos uros prehistóricos, a diferenza do seu tamaño, pois estes serían notablemente máis pequenos que os orixinais. 

 

 

 

Á saída de Paleolítico Vivo, introducímonos nas profundidades da terra, para descubrir as galerías subterráneas da Mina Esperanza, onde se explotaron minerais de ferro, principalmente a hematita (óxido de ferro) e a limonita (hidróxido de ferro). Aquí puidemos descubrir como era a vida dos mineiros que traballaron nesta mina dende 1908 ata 1973.

 

O broche de ouro desta viaxe foi a visita ó Museo da Evolución Humana (MEH), onde puidemos contemplar algúns dos restos fósiles máis incríbeis procedentes dos xacementos de Atapuerca, e outras rexións do mundo. 

 

 

A visita a este museo, que expón fósiles orixinais, permite facer un percorrido ao longo da historia da evolución humana, descubrindo incríbeis restos como poden ser o famoso bifaz Excálibur, un enigmático bifaz vermello atopado na Sima de los Huesos,  ou o mundialmente coñecido Cranio nº 5, máis coñecido como Miguelón,  cranio de Homo heidelbergensis ou preneandertal en excepcional estado de conservación descuberto no ano 1992. O excepcional estado de conservación permitiu descubrir que o individuo ao que pertencen estes restos foi coidado durante varios meses polos seu conxéneres e que faleceu por unha infección de dentes, relacionada cun forte golpe que recibiu no lado esquerdo. O nome de Miguelón, é unha homenaxe ao ciclista Miguel Induráin, que nese verán de 1992 conseguía o seu segundo Tour de Francia consecutivo. 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut