Novas
DATAS DE INICIO DO CURSO ESCOLAR 20-21
XOVES 10 DE SETEMBRO comezo para 4º e 5º de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria.
VENRES 11 DE SETEMBRO comezo para 6º de Educación Infantil e 4º, 5º e 6º de Primaria.
MÉRCORES 16 inicio para 1º e 2º de ESO.
XOVES 17 comeza 3º de ESO.
ASIGNACIÓN LIBROS DE TEXTO DO FONDO A ESO
A listaxe de libros asignados está publicada no taboleiro da Secretaría do Centro.
ENTREGA DOS BOLETÍNS DA AVALIACIÓN ORDINARIA
Debido ás modificacións introducidas pola aparición da COVID e a ausencia de actividade lectiva presencial, non se recollerá nos boletíns a 3ª avaliación, so a ORDINARIA.
Para Infantil e Primaria os boletíns poderán consultarse por ABALAR a partir do día 19 e serán enviados por correo ordinario o día 17.
Para ESO os boletíns poderán consultarse en ABALAR a partir do día 23.
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020-21
TODO O ALUMNADO que fixo a solicitude de admisión no centro está ADMITIDO. O listado está exposto no taboleiro da Secretaría do centro.
Educación abre o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2020/21.
AS CLASES PRESENCIAIS SÓ SE REINICIAN PARA BACHERELATO E FP
O alumnado galego de 2º curso de Bacharelato e de 2º curso de ciclos Medio e Superior de Formación Profesional poderá volver ás aulas de xeito voluntario a partir do vindeiro 25 de maio.
REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-21
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se de¬clarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
Novos prazos do proceso:
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
