Secretaría

INICIO DO PROCESO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2016-2017

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza. O prazo de formalización de matrícula será do 1 ao 20 de marzo. 

DATAS DE INICIO DE CURSO 2015-16

Para Educacion Infantil e Primaria as clases empezarán o xoves 10 de setembro no horario de 10:00 a 15:00 e comedor de 15:00-16:00. Os servizos de transporte e comedor funcionarán normalmente dende o primeiro día.

Para ESO, o inicio das clases terá que esperar ata o martes 15 de setembro no mesmo horario que Primaria e Infantil.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DA EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO PARA O CURSO 2015-16

DESTINATARIOS: Alumnado matriculado en Primaria ou ESO e cunha renda per cápita familiar inferior a 5.400 euros (exercicio 2013). Son COMPATIBLES coas axudas para adquisición de libros de texto.

PRAZO: 1 mes, dende o 2 de setembro ata o 1 de outubro.

INSTRUCIÓNS SOBRE O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PARA AMPLIACIÓN DE EXISTENCIAS CENTROS PÚBLICOS TITULARIDADE DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.

Ao obxecto de ampliar o nivel de cobertura do fondo solidario de libros de texto, regulado pola Orde do 21 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño), e garantir que o alumnado admitido con renda per cápita poida dispoñer de libros de texto a través do fondo, os centros deberán adquirir os libros de texto que complementen os xa existentes no fondo.

Distribuir contido