Historia
OPERA EN PONFERRADA: LA FLAUTA MÁGICA
O profe Javi de Historia e a profe Silvia de EF leváronnos a Ponferrada a ver a ópera "La flauta Mágica". Foi unha saída emocionante, especialmente porque foi na tarde noite, con cea fóra da casa coas compañeiras e chegada a medianoite. Moitas grazas por este tempo e esta pequena aventura.
SAÍDA DE SECUNDARIA: DE RUTA POR VILALBA, ESTACA DE BARES, SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO E VIVEIRO
Despois de días rodeados de neve tiñamos ganas de ver outra paisaxe (aínda que as nosas nos encantan) e para despedir o segundo trimestre decidimos visitar a costa lucense e a a coruñesa dende Bares ata Viveiro sen esquecer San André de Teixido. A pesar de que a previsión metereolóxica non era moi boa, como ultimamente temos bastante sorte coas saídas puidemos aproveitar bastante ben e desfrutar do mar e do aire fresco. Ademais como esquecimos os bocadillos no cole os profes invitáronnos a comer, como nos puxemos!!! Nas nosas caras veredes como o pasamos.
SAÍDA DE ESO A COUREL, QUIROGA E CASTRO CALDELAS
