Escolares
EXPER-I-CIENCIAS E MOITA BIO-DIVERSIÓN NA MONTAÑA LUCENSE
O martes 4 de xuño de 2019 o CPI de Pedrafita tivo unha visita cargada de ciencia. Nieves Vidal, unha investigadora do CSIC (Consello superior de Investigacións Científicas) acercouse dende Compostela ao centro para intentar despertar as inquedanzas e a curiosidade dende as primeiras idades pola ciencia á par que, o agarimo pola natureza e o respecto por ela. As actividades enmárcanse dentro dos programas Exper-i-ciencia (para Infantil e Primaria) e Biodiversión para ESO.
ACROSSPORT
Este ano en Educación Física iniciamos a práctica do Acrossport en Secundaria e aínda que somos pouquiños en cada clase para poder formar figuras xuntámonos un recreo á semana para traballar todos e todas xuntas e este foi o resultado.
