SAÍDA Á CIDADE DE A CORUÑA: PATINAXE NO COLISEUM E DOMUS
O 6 de Xaneiro ao fin todo o centro viaxamos a A Coruña en compañía dos profes Ana, Fátima, Lorenzo, Juan, Carlos, Noelia e Rocío.
A primeira parada foi no Coliseum onde puidemos patinar sobre xeo unha hora completa, aínda que algúns nos animamos máis cara ao final, daba un pouco de medo ver a tantos nenos e nenas na mesma pista, pero non tivemos ningún problema e patinamos coma auténticos profesionais.
Do Coliseum pasamos ao centro comercial "Espacio Coruña" onde comemos con moita fame os bocadillos!
Aquí tedes uns pequenos vídeos sobre a pista de patinaxe:
Por último, visitamos a Domus. Observamos, lemos e preguntamos moitas cousas: a nosa altura e o noso peso, utensilios antigos, cómo nace un neno en directo, imaxinamos formas nas nubes...
Ás 17:15 decidimos volver para casa! Moi moi cansados e cansadas!!!!!!
Na GALERÍA DE IMAXES hai fotos do ben que o pasamos.