UBICACIÓN E CONTEXTO DO CENTRO
O CPI Uxío Novoneira está ubicado na capitalidade do Municipio de Pedrafita do Cebreiro (Lugo), zona oriental e limítrofe coa comunidade castelá-leonesa; está conformado por doce parroquias e encadrado no centro das serras orientais de Galicia, entre as serras dos Ancares e O Caurel, limitando cos concellos de As Nogais, Cervantes, O Courel, Samos e Triacastela.
Está situado a unha altitude que supera os 1.000 metros sobre o nivel do mar, o que fan que as condicións climatolóxicas sexan adversas.
A fonte económica da maioría da poboación é a gandería e a agricultura, polo que o sector primario aglutina a maior parte das familias, aínda que algunha tamén está ocupada no sector secundario e outra pequena parte ten a súa base económica no sector servizos.
Podedes descargar unha guía da localidade elaborada por unha das alumnas do centro premendo no seguinte enlace:
DATOS DO CENTRO:
CPI "UXÍO NOVONEIRA"
Estrada de Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
Teléfono: 982870633/982870634
e-mail: cpi.uxio.novoneira
@edu.xunta.es