DIA DO LIBRO

O domingo 23 de abril celebrouse o día do libro. Este día conmemorouse polas mortes dos escritores máis importantes para a literatura universal como Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Nesta data búscase sobre todo fomentar a lectura, pero tamén defender e protexer a industria editorial e os dereitos de autor. Un día moi especial para todos, no cal cada un de nós elaboramos un lapbook

que é unha manualidade coa cal podes ir coñecendo un libro. A través do resumo, argumento, persoaxes...Que ti mesmo tes que ir descubrindo, pois están agochados, gardados ou plegados de diferentes maneiras e en distintas partes.

Ademais, fixemos un vídeo os alumnos e alumnas do centro recomendando un libro que nos gustase e xuntando as nosas gravacións conseguimos un bo vídeo de recomendacións. Aquí volo deixamos: