SAÍDA A PONFERRADA: MUSEO DA ENERXIA E CASCO HISTÓRICO.

Este martes 1 de decembro todos os nenos e nenas, rapaces e rapazas e gran parte dos profes subimos ao bus camiño a Ponferrada. A primeira parada foi no Museo da Enerxía: A fábrica da luz que está nunha antiga central térmica en funcionamento entre 1920 e 1971, que se restaurou para usos culturais pero respectando a súa orixinalidade. Neste museo puidemos facer unha viaxe no tempo e descubrir cómo se producía a electricidade a principios do século pasado e como era a vida na central, segundo os testemuños dos seus traballadores/as.

Distribuir contido