POÑEMOS PUNTO E SEGUIDO Á SEMANA DAS LETRAS GALEGAS ADICADA A XELA ARIAS

Ao longo desta semana as diferentes clases estivemos traballando coa figura de Xela Arias, autora homenaxeada nestas letras galegas do 2021: 

- En Infantil fixemos un mural impresionante con témperas de cores representando a Xela e rodeada de palabras con "xis", ese son tan galego que nos deixa palabras tan bonitas como maxín, xoaniña, paixón, xogo,... e os rapaces e rapazas de infantil quixemos deixar a nosa aportación.
- En Primaria a profe Sonia, xunto con Uxía e Mencía, elaboraron un precioso retrato da autora que decora a entrada do centro, xunto coas letras feitas pola profe Marisa e unha selección da súa obra en libros e en pequenos fragmentos seleccionados. 

O "xis" xigante da entrada deunos pé a unha pequena concentración con todas as medidas de seguridade na entrada do centro do alumnado de primaria e ESO para nomear os "xis" da vida de Xela, como Xénero pola súa loita pola igualdade e a contribución a un papel da muller independente, de desexos de liberdade, co xis de xornal que lle permitiu difundir as súas letras e pensamento,...