ENTROIDO 2021 (O 1º EN PANDEMIA, ESPEREMOS O ÚLTIMO)


Este ano o Entroido foi un tanto diferente, pero conservou parte da esencia. Sen o paseo polo pobo para que familias e veciños se animases a acompañarnos, ficamos no polideportivo para facer lectura do pregón por parte da clase de 4º a 6º de primaria, na voz de Mencía e Denís, que deron paso ao resto de actividades. Por suposto impensables sen todo o traballo de organización de Benjamín e Gabriel, como guionistas, pinches musicais, presentadores, ... non hai faceta que se lles resista. A temática deste ano foron superhoreroes e superheroínas, o alumnado optou polo máis clásico (Batman, Spiderman, Hulk,...) pero parte do profesorado quixo rendir unha homenaxe aos heroes/heroínas que neste último ano foron findamentais e fixeron que o día a día fose posible: limpadoras/es, persoal sanitario, profesorado, corpos de seguridade, etc.


O desfile de cada clase deixóunos coa boca aberta, a cada un máis impresionante. O xurado , composto por unha comisión de expertos en diferentes campos (Sico, Marisa e Kate) tivo unha difícil decisión que tomar porque todos os premios foron moi disputados.


 Finalizamos coa espectacular actuación de ESO organizada polo profe de EF e co inmellorable final do testamento de 4º de ESO co impagable asesoramento de Javi. Un Entroido diferente pero que moitos lembraremos moito tempo.