DÍA INTERNACIONAL DA PAZ 2021


Non podiamos ter unha mellor conmemoración do Día Internacional da Paz e Non Violencia que acercarnos e recordar aos máis vulnerables, que este ano máis que nunca vemos que precisan da cooperación de cada un e unha de nós. Contamos coa visita de Miguel, un dos papás do noso alumnado e membro da ONG "Hospitaleros sin fronteras", que nos acercou á realidade dos nenos talibé e a Senegal, adaptándose á idade de cada un dos nosos grupos estables de convivencia, falounos sobre algunha das características da vida neste lugar: os xoguetes tan diferentes aos nosos, os instrumentos que tivemos a sorte de probar, a diferente forma de comer (compartindo e sentados/as no chan), a árbore nacional de Senegal, o baobab, os caiucos nos que pescan os senegaleses, a visible contaminación por plásticos produto do noso estilo de vida e da práctica ausencia de colectores de lixo, que levan a atravesar estas zonas aos nenos e nenas senegaleses desccalzos ou desprovistos dun calzado que lles proporcione protección. Falounos de cómo poucos deste nenos e nenas poden ir á escola, da sorte que temos os e as que podemos ter dereito a ela, de cómo parte deles teñen que afastarse das súas familias para traballar para "marabouts" que teñen o soporte económico suficiente para poder proporcionarlles un futuro, lonxe da súa familia dende moi pequenos. En moitos casos ese futuro que as familias esperan que teñan os seus fillos non é tan idílico e convértese en explotación e soidade, en perda do vínculo familiar e en descoñecemento do motivos que levaron a esa situación. Miguel fíxonos ser conscientes da sorte que temos asistindo cada día á escola, cunha familia que se preocupa por nós e da que podemos disfrutar cada día. Como peche final, tivemos a sorte de falar por videochamada con algúns dos rapaces cos que traballa esta ONG e que nos emocionou especialmente. 

A media mañá, a través de webex (dada a situación COVID da comunidade e as restriccións) tivemos o acto conxunto coordinado por Gabriel, Mari e Marga  cun manifesto do alumnado de ESO a favor da desaparación dos grandes conflitos mundiais, seguido por unha pegada de pombas por grupos no mapa mundi no que aparecían recollidos ditos conflitos, pedindo que sobre eles triunfen os valores da igualdade, da paz, o amor, a concordia, o fin da discriminación racial, da xenofobia e do racismo.

Uxía, como reperesentante do grupo de 4º a 6º e da súa titora Sonia, fixo lectura do manifesto pola Paz tras o que David, de 2º de ESO, fixo lectura dunha carta dirixida a aqueles rapaces que se ven obrigados a vivir e participar sen poder decidir nos conflitos armados, e Jesús que representou "Longa noite de pedra" de Celso Emilio Ferreiro, o poema que mellor pode representar a similitude dos sentimentos do pobo galego despois de moitos anos de represión coa realidade de todos estos rapaces e rapazas que viven soñando cun mundo cheo de paz.

Grazas Miguel, pola túa sensibilidade para acercanos a súa realidade e grazas rapaces e rapazas e profes por traballar por axudar a que o noso mundo sexa mellor e aportar o posible a que a Paz sexa unha das metas que acadaremos.