CONGRESO CIENTÍFICO VIRTUAL


A pesar de que temos as actividades presenciais suspendidas, a constancia de Gabriel e o gran traballo do noso alumnado fixeron posible manter a celebración do II Congreso Científico da Montaña, aínda que con menos coles participantes, xa que estivemos Pedrafita e Courel, e de forma virtual, no canto da Casa da Cultura do Concello como estaba previsto. Incluso tivemos decoración de forma virtual, como podedes ver no seguinte vídeo e unhas presentadoras impresionantes, as rapazas de 3º de ESO que o fixeron como auténticas profesionais. 

Despois de ver toda a pequena homenaxe ás mulleres na ciencia, pasamos a ver os traballos realizados por cada grupo empezando por 1º de ESO que fixo unha investigación sobre a avispilla do castiñeiro e sobre o que recibiron varias preguntas, entre elas a de Fina Lombardero, unha das profes da Politécnica de Lugo:

O alumnado de 2º de ESO de Courel presentou despois o seu proxecto sobre a gandería no Courel, que xenerou lugar a moitas preguntas entre os profes como a de Isa, profe do Courel ou Sico, interesado polo aspecto culinario.

Continuaron as rapazas de 3º de ESO de Pedrafita que presentaron un traballo ademáis de elaborado, moi emotivo, no que participaron varios profes de Pedrafita, especialmente Marisa, e algúns dos seus compañeiros/as. Recibiu parabéns dende fóra do centro, como o de Chelo, profesora de Lingua e Literatura Galega no IES Muralla Romana de Lugo que tamén aproveitou para facer algunha pregunta:

 

Un interesantísimo proxecto e de gran actualidade é o que presentaron as rapazas de 3º de ESO de Courel sobre o Coronavirus. Por suposto as preguntas foron moitas, como a de Ana:

As peques do Congreso, Uxía e Laura, presentaron o seu gran traballo de investigación sobre los paneis solares, realizado coa axuda de Juan, o seu titor e que xenerou preguntas tan interesantes como as de Benjamín, o noso profe de EF: 

Despois da declaración da UNESCO do Xeoparque do Courel como Patrimonio da Humanidade, non podía faltar un proxecto sobre este ecosistema e que presentou o alumnado de 1º de ESO de Courel e sobre o que apareceron preguntas como a de Pilar, a profe de Infantil de Courel:

 

Finalizamos o congreso coa presentación da investigación de Xiana, de 4º de ESO, sobre os lumes, continuando o traballado o curso pasado en 4º e 2º de ESO de Martín, Rubén e Carla.

Este traballo xenerou preguntas e eloxios que chegaron ata Sergio Silva Bautista, que ía inaugurar o congreso pero que finalmente por problemas laborais non foi posible:

"Ola Xiana,
Primeiro de todo felicitarte polo excelente traballo, que é moi amplo, completo e riguroso, abordando diferentes aspectos dos incendios como causas, consecuencias, medidas de extinción, investigación da opinión cidadá, etc. De feito, as 4000 enquisas que conseguiche é un número impresionante e como ven dis no vídeo infórmanos do grande potencial que teñen as novas tecnoloxías. Quero felicitarte tamén pola túa presentación, que é moi clara e detallada. Paso a facerche a miña pregunta, relacionada coas posibles solucións ao grave problema de incendios que temos en Galicia, que ademais todo indica que co Cambio climático pode ir a peor. Ante isto, cales das medidas de prevención de incendios que recolles na enquisa (educación, limpeza de montes, vixilancia, plans de xestión e denunciar) cres que pode ser máis axeitada mellorar a situación? ou deberíamos apostar por unha combinación do todas, como indican os resultados da túa enquisa?"

A resposta de Xiana, a favor dunha aposta pola educación levantou aplausos entre os e as asistentes. 

OS MÁIS SINCEIROS PARABÉNS POR TANTO E TAN BO TRABALLO DE TODOS E TODAS: RAPACES/ZAS, PROFES, EXPERTOS,...