ENTROIDO 2020

O venres 21 de febreiro despois de toda a semana seguindo as ordes do noso Meco celebramos o Entroido cun desfile por todo o pobo onde nos recibiu moitísimos dos nosos veciños e familiares e nos encheron de aplausos e doces.... O tema este ano foi a natureza e tivemos dende colectores para a separación do lixo, animais en perigo de extinción, animais da selva, Jane Goodall, un barredor, organizacións ecoloxistas e un pequeno mundo que puidemos ter nos nosos brazos. Laura e Uxía fixeron na Praza a lectura do Pregón e finalizamos no cole co testamento lido a catro voces por Xiana, Carla, Paula Pol, Paula Viña e Patricia.